Skip to Content

2023-24

PINTANDO ÁRBORES CON PINCEIS

Este mes no centro desenvolveuse unha actividade chamada "Pintando árbores con pinceis", relacionada coa temática da natureza. Para realizar a actividade fixéronse dous grandes grupos. O alumnado de PFFPB participou na elaboración dun mural que se fixo no futbolín, mentres o alumnado de primaria, secundaria e TVA realizaron unha actividade de decoración de bolsas de tela. Foi do máis divertido!

Preme na imaxe para ver o vídeo en youtube

CIRCULAR CAMPAMENTO ESPECÍFICO XUNTA DE GALICIA

Preme na imaxe para acceder ao documento

MENÚ ABRIL 2024 (FOTOS)

Preme na imaxe para velo documento

PLANILLA ABRIL 2024

Preme na imaxe para velo documento

PRIMARIA/SECUNDARIA: 2º TRIMESTRE

Este trimestre foi moi intenso de traballo e diversión para o alumnado de Primaria e Secundaria. No seguinte vídeo pódedes velo. Esperamos que vos guste!!

MENÚ ABRIL 2024

Preme na imaxe para acceder ao documento

CALENDARIO ENTRADA

O alumnado de secundaria e tránsito cara a vida adulta participan mensualmente na actividade de calendario proposta polo equipo SAAC. Isto axúdalles a anticiparse a feitos futuros, identificar os números, os días da semana, o mes, o ano, as estacións.... 

 

PANEIS DE COMUNICACIÓN

A comunicación debe estar presente en tódolo contextos e espazos do día a día dos nosos alumnos/as. Por iso, o Equipo SAAC elaborou diversos paneis de apoio a comunicación para as diferentes zonas de ocio do centro.

Desta forma aseguramos que TODOS/AS poidan comunicarse.

Preme na imaxe para velos diferentes paneis.

 

ENTREGA DE PREMIOS VIGOLANDIA

Noraboa Roberto! Gañador do concurso Vigolandia. Foi recoller o diploma e agasasallos no Concello de Vigo

MANUAL COMUNICADORES

O equipo SAAC elaborou un manual dirixido ao profesorado sobre o uso dos comunicadores, necesario polo aumento de alumnado con comunicadores e a crecente necesidade do profesorado por ter máis coñecemento sobre o emprego dos mesmos.

Documento moi necesario tanto para o profesorado con alumando que usa comunicador como os que non, xa que TODOS temos DEREITO A COMUNICARNOS E A SER ESCOITADOS, polo que é preciso adaptarnos a conversa e ao interlocutor co cal mantemos a conversa. Os alumnos/as que teñen comunicador teñen unhas formas de actuar e de interactuar distintas, a SÚA VOZ É DISTINTA, pero non por elo debemos de deixar de escoitalos.

Preme para imaxe 

Distribuir contido


by Dr. Radut