Skip to Content

SABOREA UN BO CAPUCHINO

 Presentámosvos os pasos para a elaboración dun bo capuchino preparado polas nosas  alumnas do taller de FPB de Lavandería e cociña, Susi e Laura. Este café inclúe unha boa dose de esforzo, constancia, paciencia e ilusión que, guiadas polo seu titor Iván, ten como resultado un capuchino ben cargado de agarimo. O día 25 de outubro prepararán as súas elaboracións en Silleda, no Galicia Skills. Trátase do maior campionato de Formación Profesional! Galicia Skills reúne a un centenar de estudantes entre os que se presentarán alumnos e alumnas dos talleres de Peiteado, Lavandería e cociña así como Xardinería. Desexámoslles moitísima sorte e esperamos que gocen moitísimo a experiencia.  

Tamén queremos agradecerlle a Sky, alumna do FPB de Reprografía, a súa colaboración na gravación do vídeo.

 



page | by Dr. Radut