Skip to Content

ASÍ NOS COMUNICAMOS NO SALADINO

O alumnado do CEE Saladino Cortizo ten voz propia, por iso dende o centro ofrecémoslles todos os recursos que sexan posibles para que teñan acceso a un dereito fundamental como é a comunicación

Algúns dos sistemas de comunicación que empregan son os seguintes:

- ASTERICS GRID: sistema de apoio para a comunicación gratuíto creado por ARASAAC e que facilita a participación do noso alumnado nas actividades cotiás.

- GRID3 ou Grid for iPad: software de pago para Android ou iPad que permite o acceso á comunicación e adáptase a distintas formas de acceso como poden ser a través do rato, teclado, conmutadores, mirada ou táctil.

- LetmeTalk: aplicación gratuíta de apoio á comunicación mediante o uso de pictogramas.

- Lingua de Signos Española (LSE): lingua natural da comunidade xorda de carácter visual, xestual e espacial que conta cunha grmática propia que reúne todas as características e funcións de calquera outra lingua.

- Pictogramas: debuxo ou signo gráfico que representa unha palabra ou idea.

- Xestos naturais: movementos dalgunha parte do corpo, especialmente realizados coa cara ou coas mans cos que se expresa unha necesidade e intereses co fin de transmitir unha mensaxe.

É importante destacar que todas as formas de comunicación son válidas, polo que entre todos/as debemos garantir o dereito de calquera neno e nena á comunicación, apoiándoos para que aprendan e adquiran aqueles sistemas, recursos ou estratexias que mellor se adapten as súas necesidades.

#EquipoSAAC #EquipodeDinamizacióndasTIC



page | by Dr. Radut