Outro 25 de novembro necesario en contra da violencia de xénero

Un ano máis as bibliotecas escolares galegas demostran que son espazos educativos, espazos para a aprendizaxe, conectados á vida e, neste caso, á máis cruel realidade. Porque aínda é necesario lembrar cunha data no calendario civil que hai inxustiza e desigualdade e unha violencia soterrada e claramente manifesta contra as mulleres (en números contantes en sonantes) da que todos e todas somos responsables, é polo que nestes días son moitas as bibliotecas que programan actividades destinadas a mellorar o coñecemento deste problema  de saúde social entre a comunidade educativa; moitas as bibliotecas que achegan informacións e documentos para a súa análise; moitas as bibliotecas que amosan os traballos do alumnado arredor destes temas de "educación en valores". Os blogues das bibliotecas escolares galegas amosan informacións e traballos diversos que chaman a un compromiso necesario. Velaquí algúns exemplos:

Tamén hai traballos colaborativos, coma esta presentación que nos chega de Ferrolterra, autoría do CEIP Isaac Peral e do IES de Fene.