O DOG do 5 de setembro publica a Orde de 20 de agosto de 2018 pola que se convocan axudas para centros privados concertados no ámbito das bibliotecas escolares e o fomento da lectura para o curso 2018/2019. Íncluense catro liñas de axudas ás que os centros poden acceder:
- Plan de mellora de bibliotecas escolares (nova incorporación e continuidade)
- Clubs de lectura-concertados (ensino secundario obrigatorio)
- Radio na biblio-concertados (centros integrados no PLAMBE no curso 2017/2018)
- Biblioteca inclusiva concertados (centros ordinarios con unidadese concertadas de educación especial)
O prazo de presentación de solicitudes é de un mes, e remata o 5 de outubro.