![]() |
Do 26 ao 29 de maio, o CRD da Coruña (Culleredo) acolleu ao alumnado de Voluntariado de Lectura-A de catro centros galegos que foran seleccionados entre os 42 que presentaron memoria de actividade, ao abeiro deste programa iniciado no curso 13/14 e que actualmente se integra no programa "Bibliotecas Escolares Solidarias". Un total de 49 nenas e nenos de 5º e 6º de Primaria dos centros gañadores participaron nas XORNADAS DE CONVIVENCIA DO VOLUNTARIADO DE LECTURA cun programa intenso de actividades relacionados coa lectura o traballo cooperativo e a educación en valores de voluntariado e solidariedade. |
![]() |
A rapazada asistente a estas xornadas de convivencia procedían dos seguintes centros:
O alumnado estivo acompañado en todo momento por unha profesora de cada centro e polos membros do equipo da Asesoría de Bibliotecas Escolares. Esta actividade está organizada pola Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos xunto coa Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado, e conta coa colaboración do Centro Residencial Docente de A Coruña.
|