
"Ser dona de ti mesma. Coma a humilde deusa campesiña que te habita. Con calcetíns zurcidos e chanclos de ouro. A túa propia materia prima. Eu son un ser crónico a ti mesma. Dona de ti e de máis nada".
Novo, Olga. (2022). Cráter. Kalandraka Editora
Imaxe da biblioteca do CIFP Universidade Laboral (Culleredo-A Coruña)
O Día Internacional da Muller 2024 reivindica os dereitos das mulleres baixo o lema: "Investir nas mulleres, acelerar o progreso", poñendo o foco nun mundo que se enfronta a múltiples crises que someten ás comunidades a unha inmensa presión, lograr a igualdade de xénero é máis vital que nunca. Garantir os dereitos das mulleres e as nenas en todos os ámbitos da vida é a única forma de asegurar o desenvolvemento sostible.
A Axenda 2030 marca como obxectivo número 5: Lograr a igualdade entre os xéneros e empoderar a todas as mulleres e nenas. As bibliotecas deben apoiar a igualdade de xéneros e ofrecer lugares, e actividades, de encontro e empoderamento.
Na publicación elaborada polo Grupo de Traballo "Bibliotecas e Axenda 2030" do Consello de Cooperación Bibliotecaria: "A implicación das bibliotecas españolas na Axenda 2030" apúntase que é tamén destacable o papel das bibliotecas, como institucións de fonte de coñecemento, á hora de acabar coa brecha de xénero, atender á diversidade de xénero, lograr a igualdade e empoderar ás mulleres e as nenas. Concienciar, difundir e apoiar iniciativas na liña sinalada pola propia ONU: «a igualdade entre os xéneros non é só un dereito humano fundamental, senón a base necesaria para conseguir un mundo pacífico, próspero e sostible». Se se promove a igualdade no acceso á educación, á atención médica, a un traballo decente, e unha representación nos procesos de adopción de decisións políticas e económicas, impulsaranse economías sostibles, igualitarias e máis humanas.
As bibliotecas escolares de Galicia traballan, todo o curso, en prol dunha igualdade efectiva na nosa sociedade, formando cidadanía crítica. Arredor desta data promoven actividades coa lectura, o cine, a radio, a publicidade, a creación, a busca e tratamento da información ...
Actividades nas bibliotecas escolares de Galicia:
- CEIP A Cristina (Carballo-A Coruña): Día da Muller-Rosaura e o mar
- CEIP Alfonso D. Rodríguez Castelao (Vigo-Pontevedra): Un 8M emocionante
- CEIP Apóstolo Santiago (Santiago de Compostela-A Coruña): 8M. As Mulleres Olímpicas
- CEIP P. Barrié de la Maza (Sta. Comba-A Coruña): 8M-Día internacional da Muller
- CEIP Eduardo Pondal (Vigo-Pontevedra): 8M no Pondal
- CEIP Esteiro (Ferrol-A Coruña): Entrevista á directora da Domus e caixas temáticas
- CEIP Flavia (Padrón-A Coruña): Día Internacional da Muller
- CEIP P. de Foz Nº1 (Foz-Lugo): Día Internacional da Muller-8 de marzo
- CEIP Javier Sensat (Vigo-Pontevedra): 8M-Pola Igualdade!
- CEIP Juan Fernández Latorre (A Coruña): Marzo, Mes das Mulleres.
- CEIP de Leirado (Salvaterra de Miño-Pontevedra): Lecturas recomendadas polo 8M.
- CEIP P. Manuel Bermúdez Couso (A Pobra de Trives-Ourense): Xornadas do 8M, Lecturas
- CEIP Manuel Sueiro (Ourense): Sementando igualdade
- CEIP Milladoiro (Malpica de Bergantiños): Semana da Muller 2024: entrevistas fantásticas
- CEIP P: Montemogos (Bueu-Pontevedra): Día da Muller 2024
- CEIP Nicolás del Río (Cedeira-A Coruña): Raquel Freire López
- CEIP Nosa Sra. de Xuvencos (Boborás-Ourense): 8M-As nosas Súper Heroínas
- CEIP P. O Ruxidoiro (Barbadás-Ourense): Concurso de micro-relatos
- CEIP P. de Oca (A Estrada-Pontevedra): 8M-Día Internacional da Muller
- CEIP Otero Pedrayo (Rábade-Lugo): Día Internacional da Muller
- CEIP P. Pena de Francia (Mos-Pontevedra): Neste 8 de marzo a importancia das mulleres na historia
- CEIP P. Pintor Laxeiro (Vigo-Pontevedra): 8 de marzo Día Internacional da Muller
- CEIP de Portonovo (Sanxenxo-Pontevedra): Programa de radio, Celebración do 8M
- CEIP Ramón Otero Pedrayo (A Laracha-A Coruña): Día da MULLER e Semana da Prensa
- CEIP Ramón de Artaza (Muros-A Coruña): Día Internacional da Muller
- CEIP San Marcos (Abegondo-A Coruña): Deportistas Galegas
- CEIP San Miguel de Reinante (Barreiros-Lugo): Semana da prensa e 8M
- CEIP P. de Seixalbo (Ourense): Rosco polo Día da Muller
- CEIP Sequelo (Marín-Pontevedra): Prensa en Feminino, Mulleres Traballadoras, Wonder Woman, Cancións para o Día da Muller
- CEIP P. da Rabadeira (Oleiros-A Coruña): Scape Room 8M. As nosas autoras non serán esquecidas
- CEIP P. Wenceslao Fernández Flórez (A Coruña): Concurso de relatos.
- CIFP A Xunqueira (Pontevedra): Karaoke 8M, Xornada de xogos feministas.
- CIFP Universidade Laboral (Culleredo-A Coruña): Quen é quen?
- CPI A Xunqueira (Fene-A Coruña): 8M
- CPI Arquitecto Palacios (Nigrán-Pontevedra): 8M - Día da Muller
- CPI As Revoltas (Cabana de Bergantiños-A Coruña): 8M-Día Internacional da Muller
- CPI Fonte-Díaz (Touro-A Coruña): 8M, 8M en infantil, Mulleres do bosque, E tí, que queres ser de maior?
- CRA de Oroso (Oroso-A Coruña): Pingüirecomendacións #8M, #8M no CRA de Oroso
- CRA Raíña Aragonta (Salceda de Caselas-Pontevedra): Selección de lecturas, Árbore de vida
- EEI San Roque (Viveiro-Lugo): 8M, unha data necesaria
- EOI de Lugo (Lugo): Memoria, reflexión e reivindicación no 8M
- EOI Vilagarcía de arousa (Vilagarcía de Arousa-Pontevedra): Presentación de Afra Torrado e taller de banda deseñada "E ti que fas pola igualdade. Construindo o 8M"
- IES Concepción Arenal (Ferrol-A coruña): Monográfico BD en Feminino
- IES Eduardo Balnco Amor (Culleredo-A Coruña): Charlas de mulleres
- IES Gregorio Fernández (Sarria-Lugo): Encontro con Benedicta Sánchez, Programa de actividades
- IES Maximino Romero de Lema (Zas-A Coruña): Selección de libros, Exposición Juana de Vega
- IES Perdouro (Burela-Lugo): Semana do 8M 2024
- IES de Vilalonga (Sanxenxo-Pontevedra): Día Internacional da Muller
- IES Vilar Ponte (VIveiro-Lugo): 8 de Marzo-Día Internacional da Muller Traballadora