O Portal Educativo vén de publicar a resolución definitiva dos centros que se adscriben a dúas das accións incluídas no programa Bibliotecas Escolares Solidarias, segundo a convocatoria deste programa do 30 de novembro de 2022.
VOLUNTARIADO DE LECTURA-A (alumnado de 5º e 6º de primaria): 75 centros inscritos.
VOLUNTARIADO NA BIBLIOTECA ESCOLAR (alumnado de secundaria e outras ensinanazas): 115 centros adheridos.
Esta é unha iniciativa da Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades (Dirección Xeral de Ordenación e Innovación Educativa) en colaboración coa Consellería de Política Social, a través da Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado.