Resolución definitiva dos centros adheridos ás iniciativas de Voluntariado na biblioteca escolar (secundaria e outras ensinanzas) e Voluntariado de lectura (primaria) do programa bibliotecas escolares solidarias. Curso 2022/23

Mér, 28/12/2022 - 12:50

A Dirección Xeral de Ordenación e Innovación Educativa fixo pública con data 30 de novembro de 2022 a convocatoria do programa Bibliotecas Escolares Solidarias para o curso 2022/23, unha iniciativa que se leva a cabo en colaboración coa Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, da consellería de Política Social. Fanse públicas as relacións de centros que se adhiren a dúas das accións incluídas neste programa:

  • Voluntariado na biblioteca escolar (secundaria e outras ensinanzas). Adhírense un total de 115 centros.
  • Voluntariado de lectura (primaria) , destinada a alumnado de 5º e 6º de primaria. Adhírense un total de 75 centros públicos.