Dende 1997 celébrase o Día das Bibliotecas o 24 de outubro, unha conmemoración impulsada pola Asociación de Amigos del Libro Infantil y Juvenil á que se foron sumando, xa dende hai algún tempo, o propio Ministerio de Cultura e todas as administracións autonómicas.
A Dirección Xeral do Libro e Fomento da Lectura, a través da Subdirección Xeral de Coordinación Bibliotecaria, impulsa a celebración do Día das Bibliotecas, este 24 de outubro de 2021. "A edición deste ano, baixo o lema “Bibliotecas: ler, aprender, descubrir” céntrase en destacar o papel das bibliotecas de diferente tipoloxía como espazos libres, diversos e abertos para o acceso á cultura e o coñecemento, a partir da lectura e do conxunto de recursos que permiten a aprendizaxe e posibilitan o descubrimento doutras ideas, outras persoas, outras culturas e outros mundos."
As bibliotecas escolares galegas amosáronse, e continúan facéndoo, como unha ferramenta ao servizo da comunidade educativa ofrecendo recursos, información e apoio. Cómpre reivindicalo e celebrar que son xanelas para ler, espazos onde aprender e lugares para descubrir.
A biblioteca escolar, esa biblioteca pola que pasan todas as nenas e todos os nenos do país, a primeira biblioteca que lles aprende, tamén, a usar outras, que os pon en contacto con eses outros espazos do coñecemento e do lecer, eses lugares nos que pasan moitas cousas, que son as bibliotecas públicas, eses lugares que están sempre ao noso carón: as BIBLIOTECAS.
Este curso, o lema das bibliotecas escolares de Galicia A BIBLIOTECA ESCOLAR TEN A PALABRA , quere poñer o foco na palabra e na oralidade. Este lema é aproveitado por algunhas das bibliotecas para esta celebración.
Actividades nas bibliotecas escolares galegas:
- CEE Miño (Ourense): Día das Bibliotecas
- CEIP A Cristina (Carballo-A Coruña): Percorrido virtual
- CEIP P. A Pedra (Bueu-Pontevedra): 24 outubro Día das Bibliotecas
- CEIP P. As Solanas (A Guarda-Pontevedra): Mochilas viaxeiras, Amadriñamentos lectores, Pasaporte lector
- CEIP de Caión (A Larcha-A Coruña): Apertura BIBLIOTECaión e saída das mochilas viaxeiras
- CEIP P. de Carballedo (Cerdedo/Cotobade-Pontevedra): Concurso de ambientación de portas
- CEIP de Celeiro (Viveiro-Lugo): Día das Bibliotecas
- CEIP Eduardo Pondal (Vigo-Pontevedra): Inauguración da Bibliocrocaio
- CEIP Emilia Pardo Bazán (A Coruña): A biblioteca do Nautilus
- CEIP de Figueiroa (A Estrada-Pontevedra): Necesito Biblio para...
- CEIP P. Graxal (Cambre-A Coruña): Día das Bibliotecas, PDI "As cores do mundo", Mochilas viaxeiras
- CEIP Juan Fernández Latorre (A Coruña): Caixas Literarias misteriosas
- CEIP da Igrexa-Candeán (Vigo-Pontevedra): Día das Bibliotecas
- CEIP de Leirado (Salvaterra de Miño-Pontevedra): Semana da Biblioteca
- CEIP P. Manuel Bermúdez Couso (A Pobra de Trives-ourense): Día da Biblioteca, Radio Pingueira
- CEIP Manuel Sueiro (Ourense): Día das bibliotecas 2021
- CEIP P. Monte Baliño (Pantón-Lugo): Cine-Baliño, Marcapáxinas, Festa do cine
- CEIP P. Montemogos (Bueu-Pontevedra): Mochilas viaxeiras, Unha biblioteca con raíces no campo!, Día das Bibliotecas
- CEIP Mosteiro de Caaveiro (A Capela-A Coruña): Programa, Celebración
- CEIP Nicolás del Río (Cedeira-A Coruña): As mascotas da biblio...
- CEIP Nosa Sra. de Xuvencos (Boborás-Ourense): 24 de outubro: A biblioteca ten a palabra
- CEIP P. O Mosteirón (Sada-A Coruña): A nosa biblioteca
- CEIP P. O Ruxidoiro (Barbadás-Ourense): Día das Bibliotecas, Actividades
- CEIP P. de Oca (A Estrada-Pontevedra): Día das Bibliotecas
- CEIP P. Os Tilos (Teo-A Coruña): Vídeo presentación da biblioteca
- CEIP Otero Pedrayo (Rábade-Lugo): Inauguración do espazo "Aprendemos creando", Comezo do PDI Galicia Meiga
- CEIP P. Pena de Francia (Mos-Pontevedra): Lecturas compartidas
- CEIP da Pobra do Brollón (A Pobra do Brollón-Lugo): Día da Biblioteca
- CEIP Ponte dos Brozos (Arteixo-A Coruña): Propostas, Festexamos o Día das Bibliotecas!
- CEIP P. Ría do Burgo (Culleredo-A Coruña): Día das Bibliotecas (PDI e cómic)
- CEIP Saco e Arce (Toén-Ourense): Mes da Biblioteca, Regáloche un préstamo!
- CEIP Salgado torres (A Coruña): Resumo Día das bibliotecas
- CEIP San Miguel de Reinante (Barreiros-Lugo): Rumbo ao Mar!
- CEIP da Torre-Cela (Bueu-Pontevedra): Día das Bibliotecas
- CEIP P. Víctor López Seoane (A Coruña): Presentación e formación de usuarios
- CEIP Vistahermosa (Ourense): Presentación de novidades e PDI, Recomendacións
- CEIP Xesús San Luís Romero (Carballo-A Coruña): Propostas Día das Bibliotecas
- CEP Brea Segade (Rianxo-A Coruña): De viaxe!
- CIFP Universidade Laboral (Culleredo-A Coruña): Scape Room para coñecer os xéneros literarios
- CPI P. Antonio Orza Couto (Boqueixón-A Coruña): Recursos, Celebración
- CPI Virxe do Monte (Cospeito-Lugo): Día das Bibliotecas
- CRA A Picaraña (Ponteareas-Pontevedra): A nosa Biblioteca
- EEI Barrionovo (Arteixo-A Coruña): EncontXo "Día das Bibliotecas"
- EEI San Roque (Viveiro-Lugo): Biblioteca en palabras
- IES Espiñeira (Boiro-A Coruña): Formación de usuarios
- IES Gregorio Fernández (Sarria-Lugo): Carteis conmemorativos
- IES Laxeiro (Lalín-Pontevedra): O noso 24 de outubro
- IES Manuel Chamoso Lamas (O Carballiño-Ourense): Pon nas túas mans un bo libro!
- IES Maximino Romero de Lema (Zas-A Coruña): Vídeo da biblioteca
- IES Monelos (A Coruña): A biblioteca Nautilus sae ao recreo
- IES Monte das Moas (A Coruña): Formación de usuari@s
- IES Pazo da Mercé (As Neves-Pontevedra): Que é para nós a biblioteca?
- IES de Quiroga (Quiroga-Lugo): Formación de usuarias e usuarios
- IES San Paio (Tui-Pontevedra): Falamos de bibliotecas
- IES Terra de Soneira (Vimianzo-A Coruña): Concurso! Investiga sobre os "Días de"