Gallego

Comisións de servizos por conciliación familiar e laboral (2016)

Gallego

O primeiro prazo de solicitude de comisión de servizos por conciliación da vida familiar e laboral é do 10 de maio de 2016 ao 24 de maio de 2016

Poderán solicitar comisións de servizo por conciliación da vida familiar e laboral neste prazo todos os docentes do corpo de catedráticos, ensinanza secundaria, profesorado técnico de formación profesional, profesorado de música e artes escénicas, profesorado de escolas oficiais de idiomas, profesorado ou mestre de artes plásticas, mestres que participaron no concurso de traslados e sexan funcionarios de carreira desta Comunidade Autónoma.

O profesorado funcionario de carreira que non participou no concurso de traslados o prazo para solicitar é do 16 de maio de 2016 ao 31 de maio de 2016.

Para solicitar unha comisións de servizos deberá acceder ao enderezo www.edu.xunta.gal/cadp e deberá facer a súa solicitude a través desta aplicación informática.

Teléfonos de contacto:

Profesorado de secundaria: 981545406 e 981 545255
Mestres: 981544488, 981544482 e 9815545495

Correos electrónicos:

Profesorado de secundaria: persoal.secundaria@edu.xunta.es
Mestres; persoal.primaria@edu.xunta.es

Servizo relacionado: 

Colectivo: 

Sección: 

Comisións de servizos por motivos de saúde (2016)

Gallego

O segundo prazo de solicitude de comisión de servizos por razóns de saúde é do 10 de maio de 2016 ao 24 de maio de 2016.

Poderán solicitar comisións de servizo de saúde neste prazo todos os docentes do corpo de catedráticos, ensinanza secundaria, profesorado técnico de formación profesional, profesorado de música e artes escénicas, profesorado de escolas oficiais de idiomas, profesorado ou mestre de artes plásticas, mestres que participaron no concurso de traslados.

Para solicitar unha comisións de servizos deberá acceder ao enderezo www.edu.xunta.gal/cadp e deberá facer a súa solicitude a través desta aplicación informática.

Teléfonos de contacto:

Profesorado de secundaria: 981545406 e 981 545255
Mestres: 981544488, 981544482 e 9815545495

Correos electrónicos:

Profesorado de secundaria: persoal.secundaria@edu.xunta.es
Mestres; persoal.primaria@edu.xunta.es

Servizo relacionado: 

Colectivo: 

Sección: 

Adxudicación definitiva do concurso de traslados para o profesorado dos corpos de catedráticos, PES, PT, EOI, EAA e OA, CMUS, mestres, inspectores ao servizo da Administración educativa e inspectores de educación para o ano 2016

Gallego

Xúntase a Resolución do 2 de maio de 2016, da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos, pola que se publica a adxudicación definitiva de destinos do concurso de traslados entre persoal funcionario docente dos corpos de catedráticos e profesores de ensino secundario, escolas oficiais de idiomas, música e artes escénicas, artes plásticas e deseño, profesores técnicos de formación profesional, mestres de taller de artes plásticas e deseño, mestres, inspectores ao servizo da admiministración educativa e inspectores de educación convocado pola Orde do 13 de xaneiro de 2016 (DOG do 19).

  • Para consultar a resolución definitiva na aplicación CXT, ir ao menú “listaxes de concurso”, submenú “listaxes de resolución”.

Colectivo: 

Sección: 

Resolución da convocatoria de Voluntariado de Lectura-A, dentro do programa de Bibliotecas Escolares Solidarias. Relación de centros seleccionados para as Xornadas de convivencia do Voluntariado de lectura-A

Gallego

Xúntase a Resolución da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos de 6 de maio de 2016 pola que se dá a coñecer a relación de centros que participarán, a través dun pequeno grupo de alumnado voluntario na biblioteca escolar, nas Xornadas de convivencia do Voluntariado de Lectura-A, a celebrar no CRD da Coruña (Culleredo), coa colaboración da Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado.

Colectivo: 

Sección: 

Competición STARgal: proxecto do IES A Cachada

O martes 10 de maio propoñemos a todos os centros de secundaria de Galicia competir xuntos no STARgal: un proxecto elaborado no IES A Cachada, Boiro.

A competición será virtual e consistirá en 2 probas:

Entrando no blog accederedes, en cada pestana, a máis información sobre como funcionará cada competición e os premios correspondentes.

Gallego
Logo da Competición STARgal

Sección: 

Cursos de verán do MECD-UIMP 2016

O Ministerio de Educación, Cultura e Deporte en colaboración coa Universidade Internacional Menéndez Pelayo convoca os cursos de verán 2016. Os cursos celebraranse nas sedes da UIMP en Santander, A Coruña, Cuenca, Tenerife e Valencia do 27 de xuño ao 15 de xullo. Os cursos teñen una duración semanal e, en xeral, van acompañados dunha fase en rede que se celebrará entre setembro e novembro.

Os participantes seleccionados recibirán una axuda do MECD que cubre os gastos de matrícula, aloxamento e manutención (segundo modalidade) dos cursos sinalados.

Prazo de solicitude: aberto desde as 12:00 horas do 5 de maio ata as 12:00 do 25 de maio de 2016.

Para máis información, consultar o enlace achegado máis abaixo.

Gallego
Logo do Ministerio de Educación, Cultura e Deporte

Tema: 

Colectivo: 

Sección: 

IV Campionato Galego de Formación Profesional GaliciaSkills 2016

A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria convoca o IV Campionato Galego de Formación Profesional, Galiciaskills 2016, tras o éxito conseguido nas anteriores edicións e referendado polos nosos competidores nas edicións dos campionatos estatais SpainSkills e a presenza de alumnado galego nos campionatos internacionais WorldSkills e EuroSkills.

Organizado pola Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa, GaliciaSkills 2016 pretende darlle unha maior proxección e difusión á formación profesional que se imparte na nosa comunidade autónoma.

Este é un campionato eminentemente práctico e consistirá no desenvolvemento de 19 competicións relacionadas coas especialidades da formación profesional, nas que o alumnado participante medirá as súas destrezas e demostrará as súas capacidades na realización das correspondentes probas. As 19 competicións celebraranse no mes de outubro de 2016.

Gallego
Logo de Galicia Skills 2016

Sección: 

Concurso de programación: "Rapaciñ@s"

1. Quen o organiza?

O Colexio Profesional de Enxeñaría en Informática de Galicia (CPEIG) en colaboración coa Axencia de Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega), co obxectivo de promover o achegamento dos máis novos ás ferramentas tecnolóxicas.

2. A quen vai dirixido?

Ao alumnado de entre 10 e 14 anos de idade matriculado nos centros de ensino de Galicia.

 

3. Cal é a temática?

O Día das Letras Galegas.

4. En que consiste o proxecto?

No desenvolvemento dunha historia relacionada co Día das Letras Galegas, utilizando a ferramenta Scratch (https://scratch.mit.edu) e en formato story telling.

5. Como presentarse?

Formando un grupo mixto de entre 6 e 8 alumnos e alumnas e un docente. Os grupos deberán estar compostos por alumnado do mesmo centro . Cada centro pode presentar varios proxectos. Cada alumno/a só pode pertencer a un grupo e proxecto.

6. Onde enviar os proxectos?

A info@cpeig.gal, onde tamén se pode facer calquera consulta con respecto ao concurso.

7. Cando remata o prazo de presentación?

O xoves 12 de maio ás 23.00 horas.

Gallego
Logo do concurso

Sección: 

Día Internacional dos Museos 2016: Programación MUPEGA

O 18 de maio celébrase o Dia Internacional dos MUSEOs, DIM. A rede do ICOM elixe cada ano un tema para o Día Internacional dos Museos, cuxo obxectivo é compartir as preocupacións da comunidade museística coa sociedade. En 2016 o evento virará en torno ao tema: Museos e Paisaxes Culturais.

Resaltar o lazo existente entre os museos e o patrimonio cultural é facer xurdir a idea de que os museos tamén funcionan como centro territorial nunha protección activa da paisaxe cultural.

O MUPEGA asume a súa rol de centro de interpretación do patrimonio pedagóxico e educativo de Galicia, promovendo así o seu coñecemento e sensibilizando aos seus habitantes e aos que o visitan nos seus valores constitutivos, e solicitándolles da súa intervención para a conservación e difusión.

Ademáis da Programación do MUPEGA para a celebración do DIM 2016, o museo colabora activamente no DIM´Compostela xunto cos demáis museos da cidade.

A temporalización destas actividades será desde o 13 ó 28 de maio. Sendo o día 18 o Día Internacional dos Museos onde se realizará a actividade en conxunto co colectivo DIM´Compostela.

O horario do museo é de martes a sábado de 10-14h e de 16-20h.

Actividades DIM 2016.

1. Xornadas de Portas abertas

Para todo o público

Non necesita inscripción. Todos os días

O museo abrirá as súas portas ós visitantes que desexen coñecer polo miúdo os recunchos onde se agochan a historia da escola galega, e poderán comprobar o seu cambio, e polo tanto o cambio das paisaxes culturais de Galicia.

Os asesores do museos acompañarán aquelas visitas en grupo que o demanden, previa cita online http://www.edu.xunta.gal/mupega/formulario

2. O Mundo nas mans: Cartografía Escolar dos séculos XIX e XX.

Para todo o público

Non necesita inscrición agás os grupos que soliciten visita guiada. Todos os días

Enténdese por paisaxe cultural o resultado da acción do desenvolvemento de actividades humanas nun territorio concreto, é dicir aquel que se caracteriza porque interveu o home mediante a construción de pobos, cidades, estradas, pontes, etc.

Por iso o relacionalo coa Cartografía é esencial. A cartografía é un elemento insubstituíble para referenciar feitos e ver o territorio en relación co que sucede sobre el,ao longo do tempo con maior ou menor continuidade e intensidade, agrupándose en feitos: naturais e os que se deben á acción do home. Fenómenos e procesos caracterizaron a condición cambiante do soporte xeográfico e chegaron a alterar o seu morfoloxía de modo substancial ata facelo irrecoñecible como tamén constatan as fontes escritas.

Nesta Exposición Temporal, o visitante poderá comprobar como foi cambiando o mundo da cartografía, e polo tanto as paisaxes culturais ao longo dos últimos 200 anos.

3. Roteiro polo museo, para comprobar as transformacións das paisaxes culturais das Escolas de Galicia.

Para todo o público

Non necesita inscrición. Todos os días

Proposta de percorrido,para visitas individuais, pola historia da educación a través da colección permanente do MUPEGA, onde descifrando códigos QR (6 paradas polo roteiro), poderán comprobar a transformación das paisaxes polas accións do home.

4. Actividade en Familia: Atopa as Pezas misteriosas

Para todo o público/familias

Non necesita inscrición. Todos os días

Proposta de actividade, lúdica e familiar, para nenos/as de 4 a 12 anos que, con axuda dos adultos os máis cativos/as, teñen que converterse en detectives e atopar as pezas misteriosas espalladas polo museo, a partir dunhas pistas.

5. Exposición de Fotografía “ As Paisaxes Culturais da Educación en Galicia”

Para todo o público/familias

Non necesita inscrición. Todos os días

O MUPEGA, mostra una escolma de fotografías onde pódese apreciar diferentes Paisaxes Culturais relacionados coa educación. Desde escolas baixo a construción de estilos Indianos a escolas decadentes que dominaron a paisaxe cultural de Galicia na primeira metade do s.XX.

Gallego
Logo do Museo Pedagóxico de Galicia

Sección: 

Protocolo educativo para garantir a igualdade, a non discriminación e a liberdade de identidade de xénero

Gallego

Xúntase o Protocolo educativo para garantir a igualdade, a non discriminación e a liberdade de identidade de xénero

Sección: