Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional

Convocatoria do programa Bibliotecas Escolares Solidarias para o curso 2015/2016

Xov, 10/12/2015 - 08:45
Bibliotecas Escolares Solidarias
Bibliotecas Escolares Solidarias

A Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos, a través da Resolución do 10 de decembro de 2015, publica a convocatoria do programa Bibliotecas Escolares Solidarias para o curso 2015/2016, no que poderán participar os centros públicos de nivel non universitario de titularidade desta consellería.

Esta iniciativa conta coa colaboración da D. X. de Xuventude, Participación e Voluntariado, da Consellería de Política Social. Inclúense tres accións: Selo "Biblioteca Escolar Solidaria", Voluntariado na biblioteca escolar (Secundaria) e Voluntariado de Lectura-A (Primaria) que se resumen no seguinte cadro:

 

Iniciativa

Finalidade

Características

1

Concesión do Selo “Biblioteca Escolar Solidaria”

Recoñecer a bibliotecas nas que se traballa de forma salientable a compensación de desigualdades e se fomenta o voluntariado cultural entre os integrantes da comunidade escolar. 

  • Convocatoria anual.
  • Presentación de memorias por parte dos centros interesados: 10 de maio de 2016
  • Concesión dos selos (un máximo de 15 selos por curso escolar)

2

Voluntariado na biblioteca escolar (Secundaria)

Recoñecemento de horas de voluntariado na biblioteca escolar, para o alumnado colaborador, mediante a emisión de diplomas de acción voluntaria correspondentes.  

  • Destinado a alumnado de ESO, BAC, FP ou ensinanzas de réxime especial.
  • As bibliotecas escolares deberán adherirse ao programa e levar rexistro das actividades do alumnado (data límite: 20/01/2016).
  • Remitir datos alumnado  (data límite: 15/06/2016)

3

Voluntariado de lectura – A

(Primaria)

Estimular o voluntariado cultural relacionado coa biblioteca e a lectura, entre o alumnado de 5º e 6º de primaria.

  • Inscrición con data límite 20/01/2016
  • Os centros inscritos presentarán memoria de actividades (data límite 25/04/2016).
  • Selecciónanse 4 centros para participar nas xornadas de convivencia do Voluntariado de lectura-A, a celebrar en maio/xuño de 2016.