Gallego

Certame galego de Creadores Novos, Xuventude Crea 2016

A Consellería de Política Social, a través da Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado convoca este certame galego de creadores novos, que inclúe as especialidades de teatro, artes plásticas, fotografía, música, relato breve, poesía, videocreación, banda deseñada, graffiti, deseño de xoias, moda e cociña.

Poderán participar os mozos ou mozas galegos/as residentes en Galicia, non profesionais, con idades comprendidas entre os 16 e os 30 anos de idade cumpridos no ano 2016.

O prazo de presentación de solicitudes estará aberto ata o día 30 de xuño de 2016.

Máis información, na ligazón aportada.

 

 

Gallego
Cartel de Xuventude Crea 2016

Sección: 

Resolución da D.X. de Centros e RRHH pola que se fai pública a relación de centros participantes no proxecto piloto "Escornabots na biblioteca escolar"

Gallego

Publícase a Resolución de 28 de abril de 2016, da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos, pola que se resolve a convocatoria do proxecto piloto "Escornabots na biblioteca escolar", para a introdución dos robots e da linguaxe de programación nas bibliotecas escolares dos centros que matriculan alumnado de educación infantil e primaria, integrados no Plan de mellora de bibliotecas escolares, para o ano 2016.

Esta iniciativa intégrase no contexto dun modelo de biblioteca aberto ás distintas linguaxes, no que se promove a expresión oral, a alfabetización múltiple, a aprendizaxe manipulativa, o xogo, a investigación e o traballo colaborativo de profesorado e alumnado.

As persoas designadas polo centro para o seguimento da actividade formativa prevista serán convocadas á sesión presencial que terá lugar o día 13 de maio en Santiago de Compostela (EGAP), en sesións de mañá e tarde.

Colectivo: 

Sección: 

O repositorio de contidos do espazoAbalar chega aos 2.743 recursos educativos

Repositorio de contidos do espazoAbalar
Repositorio de contidos do espazoAbalar
Gallego

O repositorio do espazoAbalar ampliou novamente a súa oferta, nesta ocasión con 71 novos contidos educativos en formato dixital. Coa nova actualización, alcánzanse os 2.743 recursos, dispoñibles en varios idiomas, para os seguintes niveis educativos: educación infantil, primaria, secundaria, bacharelato e ciclos formativos.

 

Sección: 

Avaliacións individualizadas de educación primaria. Curso 2015/2016

Gallego

Xúntase a Resolución do 18 de abril de 2016, da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa, pola que se ditan instrucións para o desenvolvemento da avaliación individualizada de terceiro curso de educación primaria e da avaliación final de educación primaria nos centros docentes da Comunidade Autónoma de Galicia no curso escolar 2015/16. (DOG do 26 de abril)

Xúntase Avaliación final de educación primaria. Información de interese para as familias

Xúntase Avaliación individualizada de terceiro curso de educación primaria. Información de interese para as familias

Servizo relacionado: 

Ensinanza: 

Sección: 

Convocados os premios extraordinarios de bacharelato correspondentes ao curso 2015/2016

Gallego

Xúntase a Orde do 11 de abril de 2016 pola que se convocan os premios extraordinarios de bacharelato correspondentes ao curso 2015/16.

  • O prazo de presentación de solicitudes será dun mes contado a partir do día 3 de maio de 2016.

Ensinanza: 

Colectivo: 

Sección: 

Convocatoria para a incorporación de novas seccións bilingües en centros sostidos con fondos públicos de ensino non universitario para o curso 2016/2017

Gallego

Xúntase a Resolución do 14 de abril de 2016, da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa, pola que se fai pública a convocatoria para a incorporación de novas seccións bilingües en centros sostidos con fondos públicos de ensino non universitario para o curso 2016/17.

  • O prazo de presentación de solicitudes rematará o día 31 de maio de 2016.

Colectivo: 

Actividade para celebrar o “Día das Rapazas nas TIC”

O próximo 28 de abril o Centro de Supercomputación de Galicia e o Colexio Profesional de Enxeñaría en Informática de Galicia organizan o "Día das Rapazas nas TIC" (Girls in ICT Day), no marco do Plan Proxecta e iniciativa Rapaciñ@s, dirixido especialmente aos centros de secundaria de Galicia.
O Día das Rapazas nas TIC é unha celebración a nivel internacional, orientada a motivar ás novas xeracións de mozas para que consideren o ámbito das TIC para o seu desenvolvemento académico, investigador e profesional.  Aquí está toda a información do movemento a nivel internacional. 

Estas actividades están organizadas  para escolares de entre 10 a 14 anos. 

Organizaranse da seguinte forma:

Ás 11 da mañá, un coloquio desde centros educativos por multiconferencia con 4 destacadas galegas emprendedoras, investigadoras e tecnólogas no eido das TIC, ás que o alumnado participante dos centros galegos de secundaria poderá coñecer o seu día a día, preguntar calquera dúbida sobre este eido profesional ou as motivacións persoais que as levaron a traballar neste eido.  A duración da actividade será de 1:30 horas, ata as 12:30.

As participantes serán:

  • Natalia Costas Lago, enxeñeira en telecomunicacións e máster en seguridade da información, xestiona a Rede de Ciencia e  Tecnoloxía de Galicia (RECETGA) e os servizos de rede do Centro de Supercomputación de Galicia, ademais de participar en proxectos innovadores baseados en redes de banda ampla. 
  • Susana Gómez Carnero, Doutora en Enxeñaría Informática, directora xeral en Origami Soluciones, (www.origamisoluciones.com/) empresa de consultoría e desenvolvemento de solucións TIC, Directora Executiva BNI Galicia. 
  • Rebeca García Fandiño, doutora en Química, investigadora da Universidade de Santiago de Compostela e directora científica en MD.USE Innovative Solutions (www.mduse.com), empresa dedicada  ao desenvolvemento de software científico e aplicacións educativas para Química a través da Realidade Virtual.
  • Lorena Otero Cerdeira é doutora en informática pola Universidade  de Vigo. docente e Investigadora do LIA2 (Laboratorio de Informática Aplicada) da Universidade de Vigo. Membro da Xunta de Goberno del Colexio Profesional de Enxeñaría en Informática de Galicia, na que tamén preside a súa comisión de Igualdade.

Ás 5:30 da tarde, celebrarase o fallo do concurso de programación escolar sobre Scratch da iniciativa Rapaciñ@s, e en paralelo, haberá visitas guiadas ao corazón do Finisterrae 2 , o superordenador do CESGA, así como un obradoiro de impresión 3D.

Os centros que queiran participar, deben contactar por correo electrónica  (e-learning@cesga.es).  Recibirán apoio e  instrucións para poder conectar coa actividade ese día. O evento terá unha duración aproximada de 1:30 horas. 

Na web http://www.ictgogirls.eu/index_gl_Fnode_F102.html expoñeranse todos os detalles do concurso e a información relacionada.

 

Gallego
Cartel do portal das rapazas nas TIC

Sección: 

Xogo-concurso virtual "Connected: The game"

A FAD (Fundación de Axuda contra a Drogadición) e Google lanzan en todos os países da Unión Europea, “Connected: The Game”.
"Connected: The game" é un xogo-concurso virtual, dispoñible en cinco idiomas, español, inglés, francés, alemán e italiano, co obxectivo de sensibilizar a rapaces e rapazas europeos/as de 13 a 16 anos sobre o uso responsable das Tecnoloxías da Información e a Comunicación (TIC), fomentando un uso construtivo das mesmas desde o respecto a un mesmo e aos demais.
No xogo poden participar adolescentes de todos os países da Unión Europea a través da plataforma http://www.connectedthegame.eu, desde o 1 de abril ata o 15 de maio de 2016. Cada usuario compite no seu ámbito territorial (país) pero pode realizar o xogo no idioma que desexe. 
Unha vez finalizado o prazo de participación, establecerase un gañador por país que recibirá un premio tecnolóxico.

A entrega de premios terá lugar na sede do Parlamento Europeo a finais de xuño de 2016.

 

Gallego
Cartel do xogo-concurso virtual "Connected: The game"

Sección: 

Puntuacións provisionais dos premios extraordinarios de formación profesional de grao superior correspondentes ao curso 2014/2015

Gallego

Xúntanse as puntuacións provisionais dos premios extraordinarios de formación profesional de grao superior correspondentes ao curso 2014/2015.

  • Poderase presentar reclamación contra a puntuación obtida, no prazo de dez días a partir do seguinte ao da súa publicación (artigo 10 da Orde de convocatoria).

Colectivo: 

Sección: 

Convocatoria do Proxecto Educación Dixital E-DIXGAL para o curso 2016/2017

Convocatoria do Proxecto Educación Dixital E-DIXGAL para o curso 2016/2017
Gallego

Publicada no DOG a Resolución do 13 de abril de 2016, da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa, pola que se convoca a selección de centros para participar no proxecto Educación Dixital E-DIXGAL durante o curso 2016/2017.

Esta iniciativa ten como obxecto favorecer a incorporación xeneralizada das tecnoloxías da información e da comunicación (TIC) no desenvolvemento da actividade educativa, poñendo a disposición dos centros unha contorna virtual de aprendizaxe (EVA) con libros e outros materiais dixitais cos que poderá desenvolverse a totalidade do currículo dos cursos 5º e 6º de Educación Primaria e 1º e 2º de ESO. O EVA complétase con ferramentas que permiten facer un seguimento da actividade do alumnado, crear novos contidos dixitais, comunicarse con outros membros da comunidade educativa, etc.

  • O prazo de presentación de solicitudes é dun mes a partir do día seguinte á publicación da convocatoria no Diario Oficial de Galicia, rematando o sábado 21 de maio.

Poden participar nesta convocatoria os centros adscritos á rede Abalar que impartan ensinanzas de 5º de Educación Primaria e/ou 1º de ESO durante o curso 2016-2017.

Características:

  • Os centros manterán o programa un mínimo de 2 anos.
  • Os materiais poderán utilizarse tanto online como offline.
  • Os centros participantes contarán co asesoramento, asistencia técnica e seguimento da Rede de Formación Permanente do profesorado, a Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega) e os servizos de inspección educativa.
  • Debe propoñerse unha persoa responsable da coordinación do proxecto.
  • O EVA incorporará libros de dúas editoriais, podendo elixir calquera delas, combinalas ou empregar outros materiais proporcionados polo centro. Se o centro conta con libros e outros materiais didácticos poderán empregarse como complemento ou apoio aos libros dixitais proporcionados no proxecto E-DIXGAL.
  • O EVA incorporará unha ferramenta de autor para a creación de contidos educativos dixitais.

Pódense ver as mostras dos libros da editorial Netex nos seguintes enlaces:

     Usuario: Edixgal
     Contrasinal: Edixgal

Documentación necesaria

  • Solicitude segundo o modelo do anexo da convocatoria.
  • Proxecto concretando a implantación no centro segundo o guión do punto cuarto da convocatoria.
  • Proposta da persoa coordinadora do proxecto.

Os centros que na actualidade están en E-DIXGAL en Educación Primaria e pidan a continuidade na Educación Secundaria Obrigatoria non é necesario que entreguen este proxecto, pero si deben presentar a solicitude.

 Máis información:

Portal web espazoAbalar
Correo electrónico: asesoria.tic@edu.xunta.es
Teléfono: 981 546 514

Colectivo: 

Sección: