Encontre a súa información...

Concurso de programación: "Rapaciñ@s"
Ven, 06/05/2016 - 11:36
Logo do concurso

1. Quen o organiza?

O Colexio Profesional de Enxeñaría en Informática de Galicia (CPEIG) en colaboración coa Axencia de Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega), co obxectivo de promover o achegamento dos máis novos ás ferramentas tecnolóxicas.

2. A quen vai dirixido?

Ao alumnado de entre 10 e 14 anos de idade matriculado nos centros de ensino de Galicia.

 

3. Cal é a temática?

O Día das Letras Galegas.

4. En que consiste o proxecto?

No desenvolvemento dunha historia relacionada co Día das Letras Galegas, utilizando a ferramenta Scratch (https://scratch.mit.edu) e en formato story telling.

5. Como presentarse?

Formando un grupo mixto de entre 6 e 8 alumnos e alumnas e un docente. Os grupos deberán estar compostos por alumnado do mesmo centro . Cada centro pode presentar varios proxectos. Cada alumno/a só pode pertencer a un grupo e proxecto.

6. Onde enviar os proxectos?

A info@cpeig.gal, onde tamén se pode facer calquera consulta con respecto ao concurso.

7. Cando remata o prazo de presentación?

O xoves 12 de maio ás 23.00 horas.