Comisións de servizos por conciliación familiar e laboral (2016)

Lun, 09/05/2016 - 10:21

O primeiro prazo de solicitude de comisión de servizos por conciliación da vida familiar e laboral é do 10 de maio de 2016 ao 24 de maio de 2016

Poderán solicitar comisións de servizo por conciliación da vida familiar e laboral neste prazo todos os docentes do corpo de catedráticos, ensinanza secundaria, profesorado técnico de formación profesional, profesorado de música e artes escénicas, profesorado de escolas oficiais de idiomas, profesorado ou mestre de artes plásticas, mestres que participaron no concurso de traslados e sexan funcionarios de carreira desta Comunidade Autónoma.

O profesorado funcionario de carreira que non participou no concurso de traslados o prazo para solicitar é do 16 de maio de 2016 ao 31 de maio de 2016.

Para solicitar unha comisións de servizos deberá acceder ao enderezo www.edu.xunta.es/cadp e deberá facer a súa solicitude a través desta aplicación informática.

Teléfonos de contacto:

Profesorado de secundaria: 981545406 e 981 545255
Mestres: 981544488, 981544482 e 9815545495

Correos electrónicos:

Profesorado de secundaria: persoal.secundaria@edu.xunta.es
Mestres; persoal.primaria@edu.xunta.es