Título node Learning object

Día Internacional dos Museos 2016: Programación MUPEGA
Ven, 06/05/2016 - 11:04
Logo do Museo Pedagóxico de Galicia

O 18 de maio celébrase o Dia Internacional dos MUSEOs, DIM. A rede do ICOM elixe cada ano un tema para o Día Internacional dos Museos, cuxo obxectivo é compartir as preocupacións da comunidade museística coa sociedade. En 2016 o evento virará en torno ao tema: Museos e Paisaxes Culturais.

Resaltar o lazo existente entre os museos e o patrimonio cultural é facer xurdir a idea de que os museos tamén funcionan como centro territorial nunha protección activa da paisaxe cultural.

O MUPEGA asume a súa rol de centro de interpretación do patrimonio pedagóxico e educativo de Galicia, promovendo así o seu coñecemento e sensibilizando aos seus habitantes e aos que o visitan nos seus valores constitutivos, e solicitándolles da súa intervención para a conservación e difusión.

Ademáis da Programación do MUPEGA para a celebración do DIM 2016, o museo colabora activamente no DIM´Compostela xunto cos demáis museos da cidade.

A temporalización destas actividades será desde o 13 ó 28 de maio. Sendo o día 18 o Día Internacional dos Museos onde se realizará a actividade en conxunto co colectivo DIM´Compostela.

O horario do museo é de martes a sábado de 10-14h e de 16-20h.

Actividades DIM 2016.

1. Xornadas de Portas abertas

Para todo o público

Non necesita inscripción. Todos os días

O museo abrirá as súas portas ós visitantes que desexen coñecer polo miúdo os recunchos onde se agochan a historia da escola galega, e poderán comprobar o seu cambio, e polo tanto o cambio das paisaxes culturais de Galicia.

Os asesores do museos acompañarán aquelas visitas en grupo que o demanden, previa cita online http://www.edu.xunta.gal/mupega/formulario

2. O Mundo nas mans: Cartografía Escolar dos séculos XIX e XX.

Para todo o público

Non necesita inscrición agás os grupos que soliciten visita guiada. Todos os días

Enténdese por paisaxe cultural o resultado da acción do desenvolvemento de actividades humanas nun territorio concreto, é dicir aquel que se caracteriza porque interveu o home mediante a construción de pobos, cidades, estradas, pontes, etc.

Por iso o relacionalo coa Cartografía é esencial. A cartografía é un elemento insubstituíble para referenciar feitos e ver o territorio en relación co que sucede sobre el,ao longo do tempo con maior ou menor continuidade e intensidade, agrupándose en feitos: naturais e os que se deben á acción do home. Fenómenos e procesos caracterizaron a condición cambiante do soporte xeográfico e chegaron a alterar o seu morfoloxía de modo substancial ata facelo irrecoñecible como tamén constatan as fontes escritas.

Nesta Exposición Temporal, o visitante poderá comprobar como foi cambiando o mundo da cartografía, e polo tanto as paisaxes culturais ao longo dos últimos 200 anos.

3. Roteiro polo museo, para comprobar as transformacións das paisaxes culturais das Escolas de Galicia.

Para todo o público

Non necesita inscrición. Todos os días

Proposta de percorrido,para visitas individuais, pola historia da educación a través da colección permanente do MUPEGA, onde descifrando códigos QR (6 paradas polo roteiro), poderán comprobar a transformación das paisaxes polas accións do home.

4. Actividade en Familia: Atopa as Pezas misteriosas

Para todo o público/familias

Non necesita inscrición. Todos os días

Proposta de actividade, lúdica e familiar, para nenos/as de 4 a 12 anos que, con axuda dos adultos os máis cativos/as, teñen que converterse en detectives e atopar as pezas misteriosas espalladas polo museo, a partir dunhas pistas.

5. Exposición de Fotografía “ As Paisaxes Culturais da Educación en Galicia”

Para todo o público/familias

Non necesita inscrición. Todos os días

O MUPEGA, mostra una escolma de fotografías onde pódese apreciar diferentes Paisaxes Culturais relacionados coa educación. Desde escolas baixo a construción de estilos Indianos a escolas decadentes que dominaron a paisaxe cultural de Galicia na primeira metade do s.XX.

Menús Learning object node R