Título node Learning object

Redeiras
Xov, 18/10/2012 - 17:15
redeiras

Redeiras é unha rede social educativa con vocación profesional, destinada aos docentes dos centros públicos de ensinanza non universitaria de Galicia e aloxada nos sistemas informáticos da  Consellería, nun entorno profesional e fiable.

Así mesmo, Redeiras ofrece tódalas funcionalidades propias de calquera outra rede social, como son a creación de espazos persoais e individuais, a creación de espazos de grupo e creación de grupos por intereses comúns, o intercambio de ficheiros, a publicación de contidos personalizados ou de grupo, a posibilidade de compartir ficheiros e documentos, a creación de documentos colaborativos on line, o intercambio de marcadores de internet, a publicación de contidos multimedia (imaxe e son), un servizo de mensaxería interna para uso exclusivo entre os usuarios da rede social, etc.

https://www.edu.xunta.gal/redeiras/