Apertura das listas de interinidades e substitucións para impartir docencia na Escola Superior de Arte Dramática de Galicia no corpo de profesores de música e artes escénicas, especialidade de expresión corporal (594449)

Gallego

Resolución do 4 de decembro de 2018, da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos, pola que se convoca un procedemento para a elaboración das listas de interinidades e substitucións para impartir docencia na Escola Superior de Arte Dramática de Galicia no corpo de profesores de música e artes escénicas,especialidade de expresión corporal (594449).

  • O prazo para formular solicitudes remata o día 13 de decembro (incluído)

 

Servizo relacionado: 

Colectivo: 

Sección: 

Resolución da convocatoria do proxecto Radio na biblio, para centros públicos integrados no Plan de mellora de bibliotecas escolares no curso 2018/2019

Resolución da convocatoria do proxecto Radio na biblio, para centros públicos integrados no Plan de mellora de bibliotecas escolares no curso 2018/2019
Gallego

Publícase a Resolución da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos, de 4 de decembro, pola que se dá a coñecer a relación dos 30 centros que se incorporan ao programa RADIO NA BIBLIO para o curso 2018/2019, así como os 20 centros integrados anteriormente, que continúan no programa, xunto coas asignacións concedidas a cada grupo, segundo o contemplado na convocatoria.

 

Colectivo: 

Sección: 

Resolución provisional da convocatoria de Clubs de Lectura para o curso 2018/2019

Gallego

A Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos publica con data 3 de decembro a Resolución provisional da convocatoria de Clubs de lectura, de 4 de setembro, destinada a centros públicos de ensino secundario para o curso 2018/2019. Xúntase arquivo con relación provisional de solicitudes admitidas e excluídas.

  • Ábrese un prazo de cinco días naturais para a presentación de alegacións, no seu caso.

 

Colectivo: 

Sección: 

Convocatoria do programa Bibliotecas Escolares Solidarias para o curso 2018/2019

Convocatoria do programa Bibliotecas Escolares Solidarias para o curso 2018/2019
Gallego

Xúntase arquivo coa Resolución do 30 de novembro de 2018, da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos, pola que se convoca para o curso 2018/2019 o programa Bibliotecas Escolares Solidarias, integrado no Plan LÍA de bibliotecas escolares, da Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional. Esta iniciativa contempla tres modalidades de participación que se resumen no seguinte cadro:

 

Iniciativa

Finalidade

Características

1

Concesión do Selo “Biblioteca Escolar Solidaria”

Recoñecer a bibliotecas que traballan de forma salientable a compensación de desigualdades e fomentan o voluntariado cultural entre os integrantes da comunidade escolar. 

-  Convocatoria anual.

- Presentación de memorias por parte dos centros interesados: 10 de maio de 2019.

- Os centros con selo concedido en convocatorias de 2016 ou 2017 deben renovar a súa candidatura.

- Concesión dos selos (un máximo de 15 selos por curso escolar)

2

Voluntariado na biblioteca escolar (Secundaria)

-  Recoñecemento de horas de voluntariado na biblioteca escolar, para o alumnado colaborador, mediante a emisión de diplomas de acción voluntaria correspondentes.

-  Destinado a alumnado de ESO, BAC, FP ou ensinanzas de réxime especial.

- As bibliotecas escolares deberán adherirse ao programa no momento que se estipule e levar rexistro das actividades do alumnado (data límite: 21/12/2018).

- Remitir datos alumnado  (data límite: 31/05/2019)

3

Voluntariado de lectura – A

(Primaria)

Estimular o voluntariado cultural relacionado coa biblioteca e a lectura entre o alumnado de 5º e 6º de primaria.

-  Inscrición con data límite 21/12/2018

-  Os centros inscritos presentarán memoria de actividades (data límite 26/04/2019).

-  Seleccionaranse  un mínimo de 8 experiencias.Concreción en convocatoria complementaria (febreiro 2019)

 
 
O programa Bibliotecas Escolares Solidarias é froito da colaboración entre a Consellería de Política Social (Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado) e a Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional (Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos).
 

Sección: 

Resolución definitiva dos proxectos admitidos para a súa participación no Plan Proxecta durante o curso 2018/2019

Resolución definitiva dos proxectos admitidos para a súa participación no Plan Proxecta durante o curso 2018/2019
Gallego

Publícase a listaxe definitiva dos proxectos admitidos en cada programa educativo para a súa participación no Plan Proxecta durante o curso 2018/19.

Contra esta resolución, que non esgota a vía administrativa, as persoas afectadas poderán interpoñer recurso de alzada ante a persoa titular da Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no portal educativo, segundo o disposto nos artigos 121 e 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Tema: 

Colectivo: 

Sección: 

Resolución definitiva das listas de interinidades para a docencia na Escola Superior de Arte Dramática de Galicia no corpo de música e artes escénicas, especialidades de caracterización e indumentaria, espazo escénico, iluminación e técnicas escénicas

Gallego

Resolución do 29 de novembro de 2018, da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos, pola que se aproba a relación definitiva de persoas seleccionadas e non seleccionadas, a relación de persoas excluídas definitiva e o baremo definitivo no procedemento para a elaboración das listas de interinidades e substitucións para impartir docencia na Escola Superior de Arte Dramática de Galicia no corpo de profesores de música e artes escénicas, especialidades de caracterización e indumentaria (594442), espazo escénico (594448), iluminación (594450) e técnicas escénicas (594456).

Colectivo: 

Resolución definitiva das listas de interinidades e substitucións para impartir docencia no corpo de profesores de música e artes escénicas, especialidade de viola (594431)

Gallego

Resolución do 29 de novembro de 2018, da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos, pola que se aproba a relación definitiva de persoas admitidas e excluídas e o baremo definitivo no procedemento para a elaboración das listas de interinidades e substitucións para impartir docencia no corpo de profesores de música e artes escénicas, especialidade de viola (594431).

 

Colectivo: 

XIII Premios á Excelencia Musical Mans Futuro 2018

Gallego

Premios convocados ao abeiro do convenio entre a Xunta de Galicia, a través da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, e a Fundación Paideia Galiza para a colaboración educativa nas ensinanzas profesionais e superiores de música do 19 de xuño de 2018.

 

Colectivo: 

Resolución provisional das axudas para centros privados concertados da Comunidade Autónoma de Galicia no ámbito das bibliotecas escolares e o fomento da lectura para o curso 2018/2019

Gallego

Xúntase arquivo da D.X. de Centros e Recursos Humanos pola que se publica a Resolución provisional da Orde de 20 de agosto de 2018, de convocatoria de axudas para centros privados concertados da Comunidade Autónoma de Galicia, no ámbito das bibliotecas escolares e o fomento da lectura, para o curso 2018/19 (DOG do 5 de setembro). Esta resolución provisional recolle a relación de centros concertados que se integran no Plan de mellora de bibliotecas escolares no presente curso 2018/19, así como os centros que continúan neste programa  procedentes de anteriores convocatorias. Contempla tamén os centros que reciben axudas para o funcionamento de Clubs de lectura, para a posta en marcha do programa "Radio na biblio" e, así mesmo, a relación de centros que reciben axudas no ámbitos do programa Biblioteca inclusiva.

  • Ábrese un prazo de cinco días para a presentación de renuncias ou de alegacións, no seu caso.

Colectivo: 

Listaxes definitivas de persoas admitidas e excluídas para a cobertura de interinidades e substitucións no curso académico 2018/2019 do corpo de mestres, de profesores de ensino secundario e profesores técnicos de formación profesional

Gallego

Xúntanse as Resolucións do 26 de novembro de 2018 da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos pola que se aproban as listaxes definitivas para a cobertura de interinidades e substitucións e as relacións definitivas  de persoas excluídas para a cobertura de interinidades e substitucións no curso académico 2018-2019 correspondentes ao corpo de mestres, de profesores de ensino secundario e profesores técnicos de formación profesional.

 

Colectivo: