Resolución provisional das axudas para centros privados concertados da Comunidade Autónoma de Galicia no ámbito das bibliotecas escolares e o fomento da lectura para o curso 2018/2019

Mar, 27/11/2018 - 13:36

Xúntase arquivo da D.X. de Centros e Recursos Humanos pola que se publica a Resolución provisional da Orde de 20 de agosto de 2018, de convocatoria de axudas para centros privados concertados da Comunidade Autónoma de Galicia, no ámbito das bibliotecas escolares e o fomento da lectura, para o curso 2018/19 (DOG do 5 de setembro). Esta resolución provisional recolle a relación de centros concertados que se integran no Plan de mellora de bibliotecas escolares no presente curso 2018/19, así como os centros que continúan neste programa  procedentes de anteriores convocatorias. Contempla tamén os centros que reciben axudas para o funcionamento de Clubs de lectura, para a posta en marcha do programa "Radio na biblio" e, así mesmo, a relación de centros que reciben axudas no ámbitos do programa Biblioteca inclusiva.

  • Ábrese un prazo de cinco días para a presentación de renuncias ou de alegacións, no seu caso.