Convocatoria de Clubs de Lectura para o curso 2018/2019

Mér, 05/09/2018 - 09:59

Xúntase arquivo coa Convocatoria de 4 de setembro de 2018, da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos, pola que se incentiva o funcionamento de Clubs de Lectura en centros públicos, de titularidade da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, que impartan ensinanzas de educación secundaria, bacharelato, formación profesional, ensinanzas de persoas adultas ou de réxime especial, para o curso 2018/2019.

Esta iniciativa encádrase nas actuación para o fomento da lectura contempladas no Plan LÍA de bibliotecas escolares 2016-2020 (Lectura, Información, Aprendizaxe).

  • O prazo de presentación de solicitudes remata o 15 de outubro de 2018.