Resolución definitiva de centros docentes admitidos para participar no programa "Introdución á robótica educativa en primaria" durante o curso 2018/2019

Gallego

Achégase a resolución definitiva de centros docentes admitidos no programa "Introdución á robótica educativa en primaria".

Sección: 

Concesión das axudas para a mellora, creación, recoñecemento e estruturación de agrupacións estratéxicas do Sistema Universitario de Galicia para o exercicio 2018

Gallego

Xúntase a Resolución do 24 de outubro de 2018 pola que se conceden as axudas da Orde do 4 de xullo de 2018, modificada pola Orde do 9 de outubro de 2018, pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, das axudas para a mellora, creación, recoñecemento e estruturación de agrupacións estratéxicas do Sistema universitario de Galicia, e se procede á súa convocatoria para o exercicio 2018.

 

Tema: 

Ensinanza: 

Colectivo: 

Relación provisional de persoas admitidas e excluídas nas listas de interinidades e substitucións para impartir docencia no corpo de profesores de ensino secundario, especialidade de navegación e instalación mariñas (590109)

Gallego

Xúntase a Resolución do 2 de novembro de 2018, da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos, pola que se aproba a relación provisional de persoas admitidas e excluídas e o baremo provisional no procedemento para a elaboración das listas de interinidades e substitucións para impartir docencia no corpo de profesores de ensino secundario, especialidade de navegación e instalacións mariñas (590109).

  •  O prazo para formular reclamacións  é o comprendido entre o 5/11//2018 e o 07/11//2018, ambos incluídos.

 

 

Colectivo: 

Sección: 

Convocatoria para a participación no programa de innovación educativa «OBSERVA_ACCIÓN» durante 2018/2019, que se levará a cabo en Galicia, en colaboración con outras Comunidades Autónomas do Estado Español e con outras institucións a nivel internacional

Convocatoria para a participación no programa de innovación educativa «OBSERVA_ACCIÓN» durante 2018/2019, que se levará a cabo en Galicia, en colaboración con outras Comunidades Autónomas do Estado Español e con outras institucións a nivel internacional
Gallego

Xúntase a Resolución de 31 de Outubro de 2018, da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa, pola que se convoca a participación no programa de innovación educativa «OBSERVA_ACCIÓN» durante o curso escolar 2018/19, que se levará a cabo en Galicia, en colaboración con outras Comunidades Autónomas do Estado Español e con outras institucións a nivel internacional.

  • O prazo de presentación de solicitudes e da documentación será de 10 días hábiles desde o día seguinte á publicación da presente resolución no portal educativo.

Colectivo: 

Sección: 

Resolución provisional de centros admitidos no programa "Espazos Maker" para centros docentes públicos durante o curso 2018/2019

Gallego

Achégase a resolución provisional dos centros docentes admitidos no programa "Espazos Maker" durante o curso 2018/19.

  • Ábrese un prazo de 5 hábiles, contados a partir do día seguinte á publicación desta resolución no portal educativo, para efectuar reclamacións ou renuncias.

Por mor dunha maior axilidade na xestión, pode adiantar as posibles reclamacións e/ou renuncias por correo electrónico ao enderezo espazostem@edu.xunta.es, o que non exclúe facelo segundo o procedemento administrativo establecido.

 

Sección: 

Concurso de traslados para o profesorado dos corpos de catedráticos, PES, PT, EOI, EAA e OA, CMUS, mestres, inspectores ao servizo da Administración educativa e inspectores de educación para o ano 2019

Gallego

Xúntase a Orde do 15 de outubro de 2018 pola que se convoca concurso de traslados entre persoal funcionario docente dos corpos de catedráticos e profesores de ensino secundario, escolas oficiais de idiomas, música e artes escénicas, artes plásticas e deseño, profesores técnicos de formación profesional, mestres de taller de artes plásticas e deseño, mestres, inspectores ao servizo da Administración educativa e inspectores de educación.

  • O prazo de presentación de solicitudes e documentos será desde o día 6 de novembro de 2018 ao 27 de novembro de 2018, ambos os dous incluídos.

File: 

Servizo relacionado: 

Colectivo: 

Sección: 

Convocatoria do concurso para elaborar a exposición sobre o autor homenaxeado o Día das Letras Galegas 2019

Convocatoria do concurso para elaborar a exposición sobre o autor homenaxeado o Día das Letras Galegas 2019
Gallego
A Secretaría Xeral de Política Lingüística, coa colaboración da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa, convoca  un concurso para elaborar unha exposición sobre a obra, época e lingua do autor homenaxeado en 2019, Antón Fraguas Fraguas e/ou sobre a situación sociolingüística da etapa histórica na que este viviu.
 
Concederanse dous premios, un para cada unha das dúas categorías de participación.
 
O centro que elabore a exposición gañadora de cada categoría recibirá un premio en metálico por un importe de 2 000 €.
 
O profesorado que participe de forma activa na elaboración das exposicións gañadoras recibirá unha certificación de primeiro premio de innovación educativa, cunha equivalencia de 20 horas de formación permanente do profesorado (30 para o a persoa coordinadora).
 
  • O prazo de presentación dos traballos remata o día 22 de xaneiro de 2019.

 

Colectivo: 

Sección: 

Apertura das listas de interinidades e substitucións para impartir docencia no corpo de profesores de música e artes escénicas, especialidade de viola (594431)

Gallego

Xúntase  a Resolución do 29 de outubro de 2018, da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos, pola que se convoca un procedemento para a elaboración das listas de interinidades e substitucións para impartir docencia no corpo de profesores de música e artes escénicas, especialidade de viola (594431).

  •   O prazo para formular solicitudes será o comprendido entre o 31/10/2018 e o 07/11/2018,   ambos incluídos.

Servizo relacionado: 

Colectivo: 

Sección: 

Convocatoria do curso de formación sobre o desenvolvemento da función directiva no ano 2018 que acredite para o acceso a postos de dirección en centros docentes

Gallego

Xúntase a Resolución do 15 de outubro de 2018, da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa, pola que se convoca o curso de formación sobre o desenvolvemento da función directiva no ano 2018 que acredite para o acceso a postos de dirección en centros docentes sostidos con fondos públicos que impartan as ensinanzas reguladas na Lei orgánica 2/2006, de educación.

  • O prazo de presentación de solicitudes será de dez días hábiles a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, é dicir do 30 de outubro ao 13 de novembro, ambos inclusive.

A Lei orgánica 8/2013, de 9 de decembro, para a mellora da calidade educativa, modificou o artigo 134.1 da Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación, incluíndo entre os requisitos para poder participar no concurso de méritos para a selección de directores e directoras de centros públicos "estar en posesión da certificación acreditativa de ter superado o curso de formación sobre o desenvolvemento da función directiva".

Esta formación está regulada no Real Decreto 894/2014, do 17 de outubro, do Ministerio de Educación, Cultura e Deporte, en base ó cal se realiza este curso que acreditará para o acceso a postos de dirección en centros docentes sostidos con fondos públicos que impartan as ensinanzas reguladas na Lei orgánica 2/2006, de educación.

Ofértanse 150 prazas para toda a Comunidade Autónoma, aínda que se poderán ampliar de existir máis demanda entre o profesorado que cumple os requisitos para exercer a dirección de centros no vindeiro curso académico.

Provincia

Prazas

A Coruña

50

Lugo

25

Ourense

25

Pontevedra

50

Total

150

Poderá solicitalo todo o persoal funcionario dos centros docentes públicos que impartan as ensinanzas reguladas pola Lei orgánica 2/2006, de 3 de maio, de educación: o persoal funcionario de carreira terá prioridade na selección.

A inscrición e xestión realizarase a través da aplicación FProfe: https://www.edu.xunta.gal/fprofe, e o prazo para facelo será de 10 días hábiles a partir do día seguinte ao da publicación da Resolución no Diario Oficial de Galicia.

O curso terá unha duración de 150 horas que se desenvolverán en rede, a través de Platega (https://www.edu.xunta.es/platega2), contando tamén con sesións presenciais que se realizarán de xeito centralizado. A súa temporalización está prevista para os meses de novembro a marzo do vindeiro ano.

Constará de sete módulos, que será preciso superar para obter a certificación, nos que se abordarán os seguintes bloques temáticos:

  • Módulo I (troncal). Marco normativo aplicable aos centros docentes.

  • Módulo II (troncal). Organización e xestión de centros docentes.

  • Módulo III (troncal). Xestión dos recursos do centro docente.

  • Módulo IV (troncal). Factores clave para unha dirección eficaz.

  • Módulo V (troncal). Rendición de contas e calidade educativa.

  • Módulo VI (específico). Módulo específico de Galicia.

  • Módulo VII (troncal). Proxecto de dirección.

Quen estea en posesión dun máster ou título de posgrao de carácter oficial sobre a dirección e xestión de centros docentes quedará exento da realización e avaliación de todos os módulos troncais, agás o referido ao Proxecto de dirección, e non computará a efectos das prazas ofertadas.

As persoas que xa teñan a habilitación ou acreditación, ou ocuparan o posto de dirección nos cinco anos seguintes á entrada en vigor da Lei 8/2013, de 9 de decembro, poderán facer o curso de actualización das competencias directivas, que se convocará nos vindeiros meses, para poder participar nos procedementos selectivos de direccións de centros públicos, e que terá unhas características similares pero cunha duración de 75 horas lectivas.

Colectivo: 

Sección: 

Apertura das listas de interinidades para impartir docencia na Escola Superior de Arte Dramática de Galicia no corpo de música e artes escénicas, especialidades de caracterización e indumentaria, espazo escénico, iluminación e técnicas escénicas

Gallego

Xúntase a Resolución do 26 de outubro de 2018, da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos, pola que se convoca un procedemento para a elaboración das listas de interinidades e substitucións para impartir docencia na Escola Superior de Arte Dramática de Galicia no corpo de profesores de música e artes escénicas, especialidades de caracterización e indumentaria (594442), espazo escénico (594448), iluminación (594450) e técnicas escénicas (594456).

  • O prazo para formular solicitudes será o comprendido entre o 29/10/2018 e o 5/11/2018, ambos inclusive
  • Nota aclaratoria: no apartado III do baremo contido no anexo I, a referencia á Orde do 30 de setembro de 2010 (DOG do 11 de outubro), modificada pola corrección de erros publicada no Diario Oficial de Galicia do 17 de abril de 2012, debe entenderse feita á Orde do 21 de novembro de 2016 pola que se regula a ordenación das ensinanzas artísticas superiores de Arte Dramática en desenvolvemento do Decreto 179/2015, do 29 de outubro, polo que se establece o plan de estudos das ensinanzas artísticas superiores de Arte Dramática na Comunidade Autónoma de Galicia (DOG do 1 de decembro de 2016).

 

 

Servizo relacionado: 

Colectivo: 

Sección: