Aberto o prazo para participar nos "Campus Científicos de Verano" do Ministerio de Educación
Publicouse no BOE (Xoves 15 de febreiro de 2018) a resolución para participar nos "campus Científicos de Verán"
Os campamentos teñen una semana de duración, durante o mes de xullo, e abarcan diversas áreas científicas de enorme interese e actualidade. (intelixencia artificial en Salamanca, Astrofísica en Canarias, organismos mariños en Vigo...) Mirade o catálogo!
Este programa está dirixido a alumnado de 4º de ESO que curse bioloxía e xeoloxía e física e química ou ciencias aplicadas e tecnoloxía e tamén a alumnado de 1º de bacharelato de ciencias e que tivera unha nota media no curso pasado igual ou superior a 8,5.
O prazo de solicitudes remata o 9 de marzo as 15:00
Máis información no BOE do 15 de febreiro e na web www.campuscientificos.es