Hoxe inauguramos a exposición de fotografía matemática cunha selección das imaxes presentadas no III Concurso de fotografía "Matemáticas na contorna". Estará todo o mes de maio no vestíbulo do edificio principal. As láminas están acompañadas duns textos explicativos elaborados polo profesorado do departamento de matemáticas que nos axudarán a interpretar os conceptos matemáticos mostrados nas imaxes. Grazas a todos, alumnado e profesorado participante e a quenes axudaron na montaxe final.