Eventos
Lun | Mar | Mér | Xov | Ven | Sáb | Dom |
---|---|---|---|---|---|---|
13
all day
Hoxe publicamos a adxudicación definitiva do Fondo solidario de libros de texto. Poden consultar os libros que lle foron adxudicados a través de internet, coma sempre, na aplicación FONDO LIBROS, se dispoñen de certificado dixital ou chave 365. Usen esta opción preferentemente. No caso de que non podan facelo de xeito telemático (o que recomendamos) as listaxes estarán dispoñibles no taboleiro de anuncios interior do centro. NON se poden tirar fotografías das listaxes, por normativa de protección de datos, e só pode estar unha persoa no interior do centro. Eviten as aglomeracións e permanezan no exterior do recinto mentres haxa alguén consultando as listaxes. NOTA: As listaxes de libros son para alumnado de 2º, 3º e 4º ESO. O alumnado de 1º ESO está incluido no Proxecto EDIXGAL. O alumnado de 1º ESO que teña dereito a vale de material escolar recibirá a maiores os libros de texto das materias de Matemáticas, Inglés e Xeografía e Historia, materias non incluídas no proxecto Edixgal. De haber libros sobrantes procederase ao seu sorteo. | 14
all day
O vindeiro martes, 14 de setembro, pola tarde, terán lugar as tradicionais reunións informativas para as familias do alumnado de 1º ESO. Debido á limitación de aforo do salón de actos obrigada polo protocolo sanitario, celebraranse en 3 quendas en correspondencia cos grupos de alumnado existentes pudendo asistir únicamente UNHA PERSOA por familia. Pregase que o alumnado NON asista á reunión xa que o día seguinte terán unha xornada de presentación específica. Os asistentes esperarán fora do centro ata ser chamados. O horario será o seguinte
Poden consultar en que grupo está incluído o alumnado no seguinte documento de asignación de grupos | 15
all day
O mércores 15 de setembro, día de inicio de curso, será o día adicado as presentacións. Non haberá servizo de transporte escolar. O alumnado acudirá a hora indicada e esperará no exterior, gardando as distancias de seguridade, a ser chamado polo seu titor/a. Unha vez rematada a presentación deixarán o centro. As clases comenzarán no seu horario habitual o xoves 16, día en que xa funcionará o transporte escolar. Retomamos o horario habitual de hai 2 cursos, sendo a xornada de mañá de 8:45 a 14:25, e o martes pola tarde de 16:20 a 18.00. (os ciclos medio e superior teñen outro horario)
IMPORTANTE: INFORMACIÓN PROTOCOLO COVID Toda a información referenta ao protocolo de actuación, as medidas adoptadas polo centro e as medidas de obrigas de familias e alumnado as teñen no apartado COVID do menú Curso 21-22 desta web
| 16
| 17
| 18
| 19
|