Eventos
Mér | ||
---|---|---|
Ata o 30 de setembro está aberto o prazo para solicitude de becas ao estudo para estudos non universitarios (Bacharelato, ciclos medios e superiores de FP, e ciclos formativos de Grao Básico) A solicitude deberá formalizarse por vía telemática no formulario accesible en https://sede.educacion.gob.es Tamén abrese o prazo para Becas e axudas para alumnado con necesidade específica de Apoio Educativo.
Resumimos neste cadro as datas sinaladas de setembro en relación ao inicio de curso. O alumnado de 1º , 2º e 3º ESO que tivera que realizar as probas extraordinarias de setembro formalizará a súa matrícula preferentemente o día 6 de setembro e o alumnado de 4º ESO e bacharelato o día 7. (Información sobre os impresos de matrícula e a documentación adicional a presentar ). A devolución dos libros de texto farase en conserxería os días 1 e 2 de setembro coincidindo coa asistencia aos exames. NOTA: Este calendario queda pendente de aprobación pola inspección educativa e de calquera nova orde que dean as autoridades sanitarias. Adxuntase calendario coas datas das probas extraordinarias de setembro ● As probas realizaranse os días 1 (mércores), 2 (xoves). ● Non haberá servizo de autobuses. ● O alumnado deberá esperar no patio a ser chamado aos exames e abandonará o centro ao rematalos. ● O alumnado que teña libros do fondo libros os devolverá en conserxería os propios días de exame. ● Aulas dispoñibles: Salón de actos, aula de FP Básica e Informática 1. O vernres 3 ás 20:00 horas publicaranse, por Abalar Móbil, as cualificacións. A partir dese momento, o alumnado pode poñerse en contacto co seu profesorado, vía correo electrónico, para solicitar aquelas aclaracións que consideren oportunas. ● Os boletíns co consello orientador poderán recollerse en conserxería no momento de formalizar a matrícula (días 6 e 7). ● O prazo de presentación de reclamacións abranguerá os días 6 (luns) e 7 (martes) ata ás 14:00 horas. ● A resolución de reclamacións será o día 8 (mércores). |