IES Xulián Magariños - Avda. Castelao, 23. 15830 Negreira

  • aula virtual
  • imaxes
  • revista escolar
  • revista de prensa
  • en facebook
  • xema.tv
Inicio › Eventos

  

Eventos

Select event terms to filter by
Select event type to filter by
  • Mes
  • Week
  • Día
  • Táboa
Luns Septembro 06, 2021
(story)
Instrucións transporte escolar 21-22

Achegamos as instrucións sobre transporte escolar para o curso 21-22.

Lembramos que o IES Xulián Magariños entra dentro das concesións de liñas de transporte INTEGRADO, xestionadas dende a Consellería de mobilidade

IR AO DOCUMENTO

Venres Septembro 10, 2021
(story)
Información de interese sobre os libros de texto

Unha vez rematada a matrícula informámosvos que o centro disporía de libros de texto suficientes para prestar ao alumnado dos seguintes cursos e materias, independentemente de que se solicitara o fondo solidario de libros ou non. 

MATERIAS DAS QUE DISPOMOS DE LIBROS SUFICIENTES PARA PRESTAR A TODO O ALUMNADO MATRICULADO

3º ESO : Matemáticas aplicadas

4º ESO: Matemáticas aplicadas, Lingua Castelá, Lingua galega, Relixión, Francés 2ª lingua  e Xeografía e Historia (lembramos que o alumnado de sección bilingüe non precisa de libro de texto).

As cifras de matriculados poderían variar lixeiramente estes últimos días, pero recomendamos non apresurarse na adquisición dos libros de texto ata que se faga o reparto do fondo solidario de libros.

Luns Septembro 13, 2021
(story)
LISTAXES DEFINITIVAS DE ADXUDICACIÓN DO FONDO SOLIDARIO DE LIBROS E VALES DE MATERIAL ESCOLAR

Hoxe publicamos a adxudicación definitiva do Fondo solidario de libros de texto. Poden consultar os libros que lle foron adxudicados a través de internet, coma sempre, na aplicación FONDO LIBROS, se dispoñen de certificado dixital ou chave 365. Usen esta opción preferentemente.

No caso de que non podan facelo de xeito telemático (o que recomendamos) as listaxes estarán dispoñibles no taboleiro de anuncios interior do centro. NON se poden tirar fotografías das listaxes, por normativa de protección de datos, e só pode estar unha persoa no interior do centro. Eviten as aglomeracións e permanezan no exterior do recinto mentres haxa alguén consultando as listaxes.

NOTA: As listaxes de libros son para alumnado de 2º, 3º e 4º ESO. O alumnado de 1º ESO está incluido no Proxecto EDIXGAL. O alumnado de 1º ESO que teña dereito a vale de material escolar recibirá a maiores os libros de texto das materias de Matemáticas, Inglés e Xeografía e Historia, materias non incluídas no proxecto Edixgal.  De haber libros sobrantes procederase ao seu sorteo.

Martes Septembro 14, 2021
(story)
REUNIÓN INFORMATIVA PARA FAMILIAS. 1º ESO

O vindeiro martes, 14 de setembro, pola tarde, terán lugar as tradicionais reunións informativas para as familias do alumnado de 1º ESO. 

Debido á limitación de aforo do salón de actos obrigada polo protocolo sanitario,  celebraranse en 3 quendas en correspondencia cos grupos de alumnado existentes pudendo asistir únicamente UNHA PERSOA por familia. Pregase que o alumnado NON asista á reunión xa que o día seguinte terán unha xornada de presentación específica. Os asistentes esperarán fora do centro ata ser chamados.

O horario será o seguinte

  • FAMILIAS DO ALUMNADO DE 1º ESO A : 18:00 horas
  • FAMILIAS DO ALUMNADO DE 1º ESO B : 18:30 horas
  • FAMILIAS DO ALUMNADO DE 1º ESO C : 19:00 horas

Poden consultar en que grupo está incluído o alumnado no seguinte documento de asignación de grupos

Mércores Septembro 15, 2021
(story)
CALENDARIO DE COMENZO DE CURSO 21-22.

O mércores 15 de setembro, día de inicio de curso, será o día adicado as presentacións. Non haberá servizo de transporte escolar.

O alumnado acudirá a hora indicada e esperará no exterior, gardando as distancias de seguridade, a ser chamado polo seu titor/a. Unha vez rematada a presentación deixarán o centro.

As clases comenzarán no seu horario habitual o xoves 16, día en que xa funcionará o transporte escolar. Retomamos o horario habitual de hai 2 cursos, sendo a xornada de mañá de 8:45 a 14:25, e o martes pola tarde de 16:20 a 18.00. (os ciclos medio e superior teñen outro horario)

AMPLIAR IMAXE

 

IMPORTANTE: INFORMACIÓN PROTOCOLO COVID

Toda a información referenta ao protocolo de actuación, as medidas adoptadas polo centro e as medidas de obrigas de familias e alumnado as teñen no apartado COVID do menú Curso 21-22 desta web

Resumo para as familias

 

 

 

Xoves Septembro 23, 2021
(story)
AVISO SOBRE O REPARTO DE FONDO LIBROS AO ALUMNADO DE 2º ESO

Estimadas familias. O libro de castelán que aparece na folla de libros adxudicados ao alumnado de 2º ESO será proporcionado directamente polo departamento de Lingua Castelá en próximas datas.  

Venres Septembro 24, 2021
(story)
SOLICITUDE DE NOVAS PARADAS OU MODIFICACIÓN ITINERARIO

Formulario de solicitude de novas paradas. VER ARQUIVO PDF

(story)
Reparto ordenadores EDIXGAL

Hoxe procedeuse ao reparto dos portátiles Edixgal a todo o allumnado de 1º ESO

INFORMACIÓN PARA AS FAMILIAS (FOLLETO INFORMATIVO CURSO 2021-22)

SOPORTE PREMIUM

O proxecto E-Dixgal conta cun equipo de soporte específico (Soporte Premium) que canalizará todas as incidencias relativas a centros, familias e profesorado.

As canles de contacto  que dispoñen os usuarios son as seguintes:

  • Email: soporte.premium@edu.xunta.es
  • Teléfono: 881 86 90 00
  • WhatsApp: 604 06 78 56
  • Telegram: @Serciciopremiumedixgal

 

SEGURO DANOS ORDENADOR (VER MANUAL DO SEGURO)

As familias que así o desexen poden contratar de xeito voluntario un seguro  anual (válido  desde  setembro de 2021 ata agosto de 2022), que permite cubrir o risco dos danos no portátil non contemplados na garantía.

O custe anual do devandito seguro é de 49 € (I.V.E. incluído), e a súa contratación pode realizarse a través do número de teléfono 881 505 136. Tamén poden contactar no correo electrónico coberturasir@plexus.es, ou rexistrarse na web coberturasir.plexus.es , cubrir o formulario e as fotos e facer o abono por transferencia na conta indicada.

 

O seguro cubre os seguintes danos:

• Rotura de calquera compoñente do equipo (pantalla, carcasa, teclas, bisagras,conector de alimentación, outros conectores...).

• Rotura do cargador de alimentación.

O seguro NON cubre os seguintes danos:

• Roubo, hurto, extravío ou pérdida, tanto do portátil, como do cargador de alimentación, ou do lapis.

• Rotura do lapis, ou da punta deste.

Add to iCalendar
Distribuir contido

Enlace Aula Virtual

O noso centro

  • Historia
  • Horario xeral
  • Localización
  • Oferta educativa
  • Instalacións
  • Servizos complementarios
  • Xulián Magariños
  • O noso concello
  • Contacta connosco

Eventos

« Septembro 2021 »
LunMarMérXovVenSábDom
12345
6789101112
13141516171819
20212223242526
27282930

Novas

  • Curso 23-24
  • ABAU
  • Becas e axudas
  • Na prensa
  • Premios e distincións
  • Últimas novas
  • Novas anteriores
  • Curso 22-23

Actividades

  • Act. ANPA
  • Act. para pais e nais
  • Act. Complementarias
  • Act. Extraescolares

Equipo directivo

  • Composición do Consello Escolar e do equipo directivo
  • Organigrama
  • Comunicados
  • Vicedirección
  • Secretaría
    • Títulos
  • Documentación do centro
  • Impresos para descarga
  • Lexislación

Departamentos

  • Bioloxía e Xeoloxía
  • CCSS Xeografía e Historia
  • Clásicas
  • Comercio
  • Debuxo
  • Dinamización Lingüística
  • Economía
  • Ed. Física
  • Filosofía
  • Física e Química
  • Francés
  • Informática
  • Lingua castelá e Literatura
  • Lingua galega e Literatura
  • Lingua Inglesa
  • Matemáticas
  • Música
  • Orientación
  • Relixión
  • Tecnoloxía

Plan mellora bibliotecas

Biblioteca

  • Actualidade
  • Instalacións
  • Consulta Catálogo
  • Recomendámosche
  • Blog do Club de Lectura
  • Blog do programa lectura e familias

Dinamización lingüística

  • Equipo
  • Actividades D.L.
  • Vídeos
  • Revista 2015-2016
  • Revista 2016-2017

Formularios de reclamacións

Orde de 2 de marzo de 2021 que regula o procedemento de reclamacións

Circular 2/22 cos prazos de reclamacións 2º BAC

Modelo formulario reclamación cualificacións 2º BAC 

Modelo formulario reclamación cualificacións Ciclos FP e FP Básica 

Modelo formulario reclamación cualificacións ESO e 1º BAC

Iniciar sesión

  • Solicitar un novo contrasinal

Protocolos

  • Protocolos de orientación e atención á diversidade
  • Educonvives. Protocolos de convivencia e atención sanitaria
  • Protocolos curso 2017-2018
  • Protocolos curso 2014-2015

  • aula virtual
  • imaxes
  • revista escolar
  • revista de prensa
  • en facebook
  • xema.tv


Feito con Drupal (ver. 6.28)

 


Proxecto Webs dinámicas

Xunta de Galicia - Consellería de Cultura, Educación, e Ordenación Universitaria .2016