Eventos - Filtro:
Xov | ||
---|---|---|
Acaba de saír publicada a Orde de 6 de maio de 2021 que regula a participación nesta convocatoria. INSTRUCIÓNS XERAIS (RESUMO DA CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN) Como en anos anteriores garante un mínimo de 6 libros de texto a alumnado con rentas familiares inferiores a 6000€ per cápita e axuda para material escolar por valor de 50€, e 4 libros de texto para rentas inferiores a 10000€ per cápita. Lembramos que un requisito imprescindible para poder recibir estas axudas e os libros en réstamo é a devolución en bo estado dos libros que foran prestados ao longo deste curso. Próximamente informaremos do procedemento de devolución. AVISO PARA ALUMNADO QUE VAIA CURSAR 1º ESO: O IES Xulián Magariños foi admitido no proxecto EDIXGAL polo que segundo o artigo 1.2 da convocatoria está excluído da participación no Fondo Solidario de libros pero sí pode solicitar a axuda para material escolar se reúne os requisitos. PRAZO : O prazo de presentación de solicitudes remata o 22 de xuño de 2021. COMO CUBRIR OS DATOS NA SOLICITUDE: Ver PDF adxunto PRESENTACIÓN DAS SOLICITUDES Recomendamos encarecidamente empregar a aplicación informática FONDO LIBROS https://www.edu.xunta.es/fondolibros para xerar e cubrir os datos da solicitude. Para facelo terán que identificarse na aplicación pulsando o botón verde da esquina superior dereita. No caso de que non poidan presentalas pola sede electrónica, as datas para a presentación de solicitudes no centro serán escalonadas por protocolo COVID segundo o seguinte calendario e en horario de 9:30 a 14:00 horas.
Unha vez completado o impreso de participación na aplicación informática a solicitude numerada pódese presentar :
Se por calquera motivo non pode cubrir a solicitude en Internet , na conserxería do instituto existen copias en papel que poden pasar a recoller.
Achéganse as datas dos exames da convocatoria extraordinaria de 2º Bacharelato a) Datas dos exames das materias pendentes de 1º BAC b) Datas dos exames das materias de 2º BAC Con Chave 365 poderás encher rápidamente os formularios de solicitude do FONDO LIBROS e se queres, presentalos electrónicamente no rexistro electrónico da Xunta (SEDE VIRTUAL) xa que permite tamen asinar dixitalmente os documentos escaneados. Recomendamos encarecidamente o uso de chave 365, pois é sinxelo e moi cómodo , aforrarás tempo e desprazamentos. Serviráche para a maioría de trámites e convocatorias que fagas coa Xunta de Galica. Non o deixes para o último día. |
![Events at <em>IES Xulián Magariños </em> Distribuir contido](/centros/iesxulianmagarinos/misc/feed.png)