Eventos
Ven | ||
---|---|---|
Como xa saberedes a maioría de vos, a Consellería de Educación retrasa unha semana o inicio das clases en secundaria, bacharelato e ciclos, respondendo a demanda das direccións dos centros educativos nos que era imposible levar a cabo a organización do curso 20-21. Os continuos cambios no protocolo de adaptación ao COVID e a falta de certezas sobre o profesorado dispoñible estaban a imposibilitar o traballo dos equipos directivos. Así, os alumnos de 1º e 2º da ESO, os de 1º de Bacharelato e os de 1º de FP Medio e Superior, que inicialmente comezarían as clases o vindeiro mércores 16, farano o mércores 23; mentres que os de 3º da ESO, de 2º de Bacharelato e de 2º de FP Medio e Superior, que volvían ás aulas o xoves 17, regresarán finalmente o xoves 24. Os estudantes de 4º da ESO e FP Básica, que comezarían as clases o venres 18, farano o venres 25.
Estade atentos a esta web onde iremos publicando toda a información sobre o inicio do curso. |