Eventos
Ven | ||
---|---|---|
O alumnado que deba acudir ao centro a entregar a solicitude de participación no fondo solidario de libros de texto, recoller material escolar que deixara no centro ou teña que devolver a chave e recuperar a fianza das taquillas deben seguir as instruccións adxuntas: Con elas trátase de escalonar a presencia das familias no centro e evitar aglomeracións e viaxes innecesarias. Instrucións para solicitar o Fondo Solidario de libros de texto Formulario precuberto de exemplo Calendario cos días que debe acudir o alumnado de cada curso É obligatorio o uso de mascarilla, desinfectar as mans con xel hidroalcohólico ao entrar, gardar as distancias de seguridade e seguir as indicacións do persoal do centro. Agradecemos a colaboración do alumnado e das familias para levar a cabo este proceso. O alumnado que levara libros en préstamo da Biblioteca tamén pode aproveitar para devolvelos. POLO TANTO, A SEMANA QUE VEN VIRÍA POLO CENTRO: Luns 8 de xuño: Alumnado que se incorporará a 1º de ESO con primeiro apelido que comence con coas letras H-P Martes 9 de xuño : Alumnado que se incorporará a 1º de ESO con primeiro apelido que comence con coas letras Q-Z A partir do mércores acudirá o alumnado de 4º ESO que teña que recoller material ou devolver libros da biblioteca
|