Eventos
Mér | ||
---|---|---|
Data20/05/2020 08:10
Acaba de sair publicada a Orde que regula a participación no Fondo Solidario de libros de texto. Como en anos anteriores garante un mínimo de 6 libros a alumnado con rentas familiares inferiores a 6000€ per cápita e 4 libros se as rentas son inferiores a 10000€ per cápita O prazo de solicitude remata o 19 de xuño. Lembramos que requisito imprescindible para poder recoller os libros prestados é a devolución en bo estado dos libros prestados ao longo deste curso. Próximamente informaremos do procedemento para que o alumnado poida devolver os libros que disfrutaron este ano. Ligazón á información na web da Consellería IMPORTANTE : Na Orde publicada no DOG hai un erro na páxina 20658. O recadro da base impoñible xeral CORRECTO é o 435, pero na orde aparece publicado o 432 |