Eventos
Lun | ||
---|---|---|
O prazo de presentación de solicitudes rematará o venres 6 de xullo de 2018. Para poder optar ao premio hai que ter rematado 4º ESO este ano cunha media global nos 4 cursos de ESO igual ou superior a 9. As solicitudes subscribiranas directamente as persoas interesadas con plena capacidade de obrar ou, se é o caso, os/as representantes legais dos/as solicitantes. A celebración da proba terá lugar o día 6 de setembro de 2018. O horario lectivo do centro para o curso 2021-2022 é : ESO e BACHARELATO (32 períodos lectivos semanais) - de luns a venres de 8:45 a 14:25 con dous recreos de 20 minutos pola mañá. - os martes pola tarde tamén hai clases de 16:20 a 18:00. CICLOS MEDIO E SUPERIOR DE FORMACIÓN PROFESIONAL (36 períodos lectivos semanais) - luns, mércores e xoves de 8:45 a 15:15 con dous recreos de 20 minutos pola mañá. (7 períodos lectivos diarios) - venres de 8:45 a 14:25 (6 períodos lectivos) - martes de 8:45 a 14:25 e pola tarde de 16:20 a 18:50. (6 + 3 períodos lectivos)
SECCIÓN NEGREIRA DA ESCOLA OFICIAL DE IDIOMAS DE SANTIAGO As nosas instalacións acollen tamén unha sección da EOI de Santiago.
A información actualizada sobre esta oferta educativa e os seus horarios está publicada na páxina oficial da Escola Oficial de idiomas de Santiago www.eoisantiago.org
Este centro educativo dispón dos seguintes servizos complementarios: - Cafetería (aberta durante o horario lectivo da ESO e Bacharelato) - Transporte escolar |