IES Xulián Magariños - Avda. Castelao, 23. 15830 Negreira

  • aula virtual
  • imaxes
  • revista escolar
  • revista de prensa
  • en facebook
  • xema.tv
Inicio › Eventos

 

Eventos - Filtro:

Select event terms to filter by
Select event type to filter by
  • Mes
  • Día
  • Táboa
  • Lista
  • View all
« Week of Abril 9, 2018 »
LunMarMérXovVenSábDom
9
(story)
Club de debate. Fase de zona
all day

O vindeiro luns día 9 de abril o noso alumnado participará na fade de zona do club de Debate en Teo. Participarán un total de 18 alumnos/as de 3º e 4º ESO e 1º BAC, saído do centro ás 8:45 e regresando a Negreira ás 20:30

(story)
Visita a Ourense
all day

O vindeiro luns 9 haberá unha visita á cidade de Ourense (Teatro clásico, exposición In Tempore Sueborum). Serán 30 alumnos/as desde 3º ESO a 2º BAC das materias de Latín, Grego e Cultura Clásica.

10
11
(story)
O IES Xulián Magariños clasifica dous equipos para a final do Club de Debate en Ferrol
all day

O diario "El Correo Gallego" e a web do concello recollen a excelente noticia. 

Noticia en El Correo Gallego 1

Noticia en El Correo Gallego 2

Reseña na web do concello

(story)
Coñecer o tratamento das augas. Visita á ETAP e EDAR de Negreira
all day

O 11 de abril o alumnado de 4º ESO realizou unha visita á depuradora e á potabilizadora de Negreira saindo a segunda hora e regresando a última.

12
(story)
Final do campeonato de Badminton escolar
all day

Dous alumnos/as de 2º e 3º de ESO participan na final intercomarcal de Badminton en Serra de Outes.

13
(story)
Prevención do consumo de drogas
all day

Charlas da Garda Civil para o alumnado de ESO e FP Básica que terán lugar os vindeiros 13 e 23 de abril ao longo da mañá. Haberá tamén charlas sobre os mesmos temas para as familias e persoas interesadas os días 17 e 24 de abril ás 19 horas, de forma coordinada co CEIP O Coto.

(story)
O Renacemento en pósters
all day

O alumnado de 3º de ESO traballou durante o segundo trimestre a época do Renacemento nas materias de Xeografía e HIstoria, Lingua Castelá, Lingua Galega e Lingua Inglesa. Ao longo do trimestre foron elaborando unha serie de pósters, tanto traballando en grupo como de forma individual, recabando información en diferentes páxinas web, compartíndoa a través da Aula VIrtual e utilizando a aplicación Postermywall. Aquí tedes unha pequena mostra do resultado, que en breve poderedes contemplar en forma de exposición nos corredores do centro.

Podedes descargar aquí os pósters en formato PDF

(story)
Monólogo a beneficio da viaxe de 3º ESO
all day

A iniciativa do alumnado de 3º que participará na visita a Londres no mes de maio, organizouse a actuación do monologuista Pedro Brandariz o vindeiro venres 13 de abril no Auditorio Novo do Centro Sociocultural de Negreira.
O prezo das entradas é de 5 € co que esperamos cubrir os gastos e recadar unha axuda para a viaxe.
Así que contamos con todos vós. Podedes comprar as entradas na conserxería ou falar con Lara López (3º ESO B)
Moitas grazas pola vosa colaboración!

(story)
Convocatoria para a renovación da dirección do IES Xulián Magariños
all day

Publícase a Orde de 21 de marzo de 2018 pola que se convoca concurso de méritos para a selección e o nomeamento da dirección dos centros docentes públicos que imparten as ensinanzas reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación. O prazo de presentación de solicitudes e documentación será de quince días hábiles contados a partir do día seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia.

Orde do 21 de marzo de 2018 (DOG)

14
15
Add to iCalendar
Distribuir contido

O noso centro

  • Localización
  • Oferta educativa
  • Horario xeral
  • Instalacións
  • Servizos complementarios
  • Historia
  • Quen foi Xulián Magariños
  • Contacta connosco

Eventos

« Abril 2018 »
LunMarMérXovVenSábDom
1
2345678
9101112131415
16171819202122
23242526272829
30

Novas

  • GUÍA DO CURSO 2019-2020
  • ABAU
  • Becas e axudas
  • Na prensa
  • Premios e distincións
  • Últimas novas
  • Novas anteriores

Actividades

  • Act. ANPA
  • Act. para pais e nais
  • Act. Complementarias
  • Act. Extraescolares

Equipo directivo

  • Composición
  • Organigrama
  • Comunicados
  • Vicedirección
  • Secretaría
    • Títulos
  • Documentación do centro
  • Impresos para descarga
  • Lexislación

Departamentos

  • Bioloxía e Xeoloxía
  • CCSS Xeografía e Historia
  • Clásicas
  • Comercio
  • Debuxo
  • Dinamización Lingüística
  • Economía
  • Ed. Física
  • Filosofía
  • Física e Química
  • Francés
  • Informática
  • Lingua castelá e Literatura
  • Lingua galega e Literatura
  • Lingua Inglesa
  • Matemáticas
  • Música
  • Orientación
  • Relixión
  • Tecnoloxía

Plan mellora bibliotecas

Biblioteca

  • Actualidade
  • Instalacións
  • Consulta Catálogo
  • Recomendámosche

Dinamización lingüística

  • Equipo
  • Actividades D.L.
  • Vídeos
  • Revista 2015-2016
  • Revista 2016-2017

Formularios de reclamacións

 

Modelo formulario reclamación cualificacións 2º BAC 

Modelo formulario reclamación cualificacións Ciclos FP 

Modelo formulario reclamación cualificacións ESO e 1º BAC

Iniciar sesión

  • Solicitar un novo contrasinal

Protocolos

  • Educonvives
  • Protocolos curso 2017-2018
  • Protocolos

  • aula virtual
  • imaxes
  • revista escolar
  • revista de prensa
  • en facebook
  • xema.tv


Feito con Drupal (ver. 6.28)

 


Proxecto Webs dinámicas

Xunta de Galicia - Consellería de Cultura, Educación, e Ordenación Universitaria .2016