Eventos
Xov | ||
---|---|---|
O alumnado de 4º de ESO do IES Xulián Magariños celebra o fin da súa etapa escolar cunha excursión a Cantabria entre os días 17-21 de abril, acompañado polos profesores Kety Lois e Pedro Núñez. Visitarán os Picos de Europa, Potes, Fuente Dé, Colombres, Unquera, a cova de Altamira, Santillana del Mar e o Parque de Cabárceno entre outros lugares de interese turístico. Hoxe nos envían unha foto dende a estación superior do espectacular teleférico de Fuente Dé, nos Picos de Europa. (clicando nela podedes ampliala) Feliz viaxe! A. ENCONTRO CON ESCRITORES
B. RINCÓN DE LECTURA. MARTES 25 Actividade deseñada polas rapazas que levan os recreos lúdicos, que consistirá en sacar material da biblioteca aos corredores (sofás, coxíns, cómics, revistas...) durante os recreos deste martes, e organizar unha gymkana nun deles.
C. ESCAPARATE ALUSIVO Deseñado e feito polo alumnado do Ciclo Medio de Comercio coordinado polo profesor Alejandro Guntiñas. No 1º Andar Edificio Principal.
D. Exposición e venda de libros (xoves 4 de maio)
|