Eventos
Lun | ||
---|---|---|
Data17/04/2017
O alumnado de 4º de ESO do IES Xulián Magariños celebra o fin da súa etapa escolar cunha excursión a Cantabria entre os días 17-21 de abril, acompañado polos profesores Kety Lois e Pedro Núñez. Visitarán os Picos de Europa, Potes, Fuente Dé, Colombres, Unquera, a cova de Altamira, Santillana del Mar e o Parque de Cabárceno entre outros lugares de interese turístico. Hoxe nos envían unha foto dende a estación superior do espectacular teleférico de Fuente Dé, nos Picos de Europa. (clicando nela podedes ampliala) Feliz viaxe! |