Skip to Content

Participación no fondo solidario de libros de texto e axudas para adquirir libros de texto e material escolar para o curso 2024/2025

Publicouse a Orde do 7 de maio de 2024 pola que se regula a participación no fondo solidario de libros de texto e se convocan as axudas para adquirir libros de texto e material escolar destinadas ao alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria e educación especial en centros docentes sostidos con fondos públicos para o curso escolar 2024/25 (códigos de procedemento ED330B, ED330G e ED330H).

  • As solicitudes presentaranse preferiblemente por vía electrónica a través do formulario normalizado (ED330B - anexos I e II) accesible desde a sede electrónica da Xunta de Galicia.

  • Opcionalmente, poderán presentarse presencialmente nos centros docentes ou en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.

  • Os solicitantes das axudas deben cubrir unicamente os anexos I e II do procedemento ED330B e presentar a documentación necesaria.

  • Os anexos para a súa presentación presencial tamén poden descargarse neste enlace: Anexos I e II en pdf

Destinatarios

Fondo solidario de libros de texto

Alumnado matriculado en 3º, 4º, 5º e 6º de Educación Primaria (EP) e en 1º, 2º, 3º e 4º da Educación Secundaria Obrigatoria.

Asignación de libros e contía das axudas

1. A asignación de libros de texto correspondentes aos cursos 3º, 4º, 5º e 6º de EP e a todos os cursos de ESO, que estean dispoñibles no fondo solidario do centro, efectuarase:

  • a) Ao alumnado que participe no fondo solidario, por orde inversa á renda per cápita da unidade familiar, ata que se esgoten as existencias.

  • b) Terá preferencia para esta adxudicación o alumnado en situación de garda ou tutela da Xunta de Galicia ou cunha discapacidade igual ou superior ao 65 %, con independencia da renda.

Esgotados os libros dispoñibles no fondo solidario, o centro docente adquirirá os libros de texto complementarios que sexan necesarios para garantir:

a) Ao alumnado con renda per cápita familiar igual ou inferior a 6.000 €: seis (6) libros de texto.

b) Ao alumnado con renda per cápita familiar superior a 6.000 € e igual ou inferior a 10.000 €: catro (4) libros de texto.

c) Ao alumnado en situación de garda ou tutela da Xunta de Galicia ou cunha discapacidade igual ou superior ao 65 %: seis (6) libros con independencia da renda.

O importe máximo que aboará a consellería a cada centro por cada libro complementario adquirido será de: 40 € en EP e 45 € en ESO.

2. A contía das axudas para adquirir libros de texto será:

Alumnado de ESO:

  • Renda per cápita familiar igual ou inferior a 6.000 €: 270 €.

  • Renda per cápita familiar superior a 6.000 € e igual ou inferior a 10.000 €: 180 €.

3. A contía da axuda para adquirir material escolar destinado a alumnado matriculado en EP e en ESO será a seguinte:

1º. Renda per cápita familiar igual ou inferior a 6.000 €: 75 €.

2º. Renda per cápita familiar superior a 6.000 € e igual ou inferior a 10.000 €: 60 €.

O alumnado que estea en situación de garda ou tutela da Xunta de Galicia, o alumnado de EE ou cunha discapacidade igual ou superior ao 65 % será beneficiario desta axuda por importe de 75 € con independencia da renda.

Prazo

21/05/2024 - 21/06/2024

Forma de tramitación da solicitude

  • De forma presencial:

Cubrindo o modelo ED330B e o anexo II, dispoñibles para cubrir e imprimir nos anteriores enlaces, na sede electrónica da Xunta de Galicia ou na aplicación FondoLibros. Tamén pódense solicitar os modelos na Secretaría do Centro para cubrilos manualmente.

Unha vez que teñan cubertos todos os datos da solicitude e do anexo II deberán gardalas, obtendo así o número de solicitude, e posteriormente poderán optar polas seguintes formas de presentación:

    • Presentación no centro: Neste caso imprimirán a solicitude e o anexo II e presentaranos no centro (debidamente asinados), xunto coa documentación complementaria.

    • Presentación telemática: Non será preciso imprimir nin entregar a solicitude no centro, pero si deberán descargar e imprimir o anexo II para ser asinado por todos os membros computables da unidade familiar, e logo escanealo e adxuntalo.

Documentación obrigatoria

  • a) ANEXO I (Modelo ED330b) debidamente cuberto.

  • b) Anexo II para a comprobación dos membros computables da unidade familiar.

  • Copia del libro de familia o documento equivalente, donde figuren el/la alumno/a y los demás miembros computables de la unidad familiar.

En caso de separación ou divorcio, ademáis deberán achegar a sentencia xudicial e/ou convenio regulador onde conste a atribución da custodia do/a menor.

Excepcionalmente, cuando la composición de la unidad familiar no se ajuste a lo señalado en el artículo 4.1 de esta orden o no sea posible acreditar su composición por los medios anteriores, se podrá justificar el número de miembros computables utilizando alguno de los siguientes medios:

1º. Certificado o volante de convivencia.

2º. Informe dos servizos sociais ou do órgano equivalente doconcello onde resida a familia

  • c)Certificado de discapacidade do/da alumno/a ou calquer membro da familia no expedido pola Administración autonómica.

  • d) Documentación xustificativa da situación de violencia de xénero no ámbito familiar, en calquera das formas que enumera o artigo 5 da Lei 11/2007, do 27 de xullo, galega para a prevención eo tratamento integral da violencia de xénero, cando o agresor forme parte da unidade familiar.

  • e) Resolución xudicial constitutiva da curatela representativa ou resolución xudicial que estableza a patria potestade prorrogada ou rehabilitada mentras non se produza a revisión de esta medida.

  • f) Resolución administrativa ouxudicial acreditativa da situación de acollemento ou certificado do centro de menores, para o alumnado en situación de tutela ou garda da Xunta de Galicia.

  • g) Certificado de convivencia, volante de convivencia ou informe dos servizos sociais ou do órgano equivalente doconcello onde resida a familia, en caso de que o paiou a nai ouo titor ou titores carezan de DNI ou NIE.

Obrigas das persoas beneficiarias

As persoas beneficiarias de libros procedentes do fondo solidario do centro ou de axudas para adquirir libros de texto terán as seguintes obrigas:

1. Devolver os libros de texto e o material reutilizable adquirido coas axudas para libros de texto ou recibido do fondo solidario no curso 2023/24. Está excluido de esta obrigación:

b) El alumnado de EE, que tenga una discapacidad igual o superior al 65 % y el alumnado con necesidades específicas de apoyo educativo al que se refiere la disposición adicional segunda, siempre que los libros o el material adquirido no se puedan reutilizarA falta de devolución dos libros de texto será causa de exclusión da participación no fondo solidario e das axudas para adquirir libros de texto e material escolar no curso 2024/2025.

2. Conservar en buen estado los libros de texto y el material reutilizable recibido del fondo solidario o adquirido con las ayudas para libros de texto en el curso escolar 2024/25 y devolverlos al terminar este.

3. Destinar el vale para libros, única y exclusivamente, a adquirir los libros de texto que haya establecido el centro para el alumnado beneficiario.

4. Destinar el importe del vale para material, única y exclusivamente, a adquirir el material escolar que necesite.

5. Respetar las obligaciones establecidas en el artículo 11 de la Ley 9/2007, de 13 de junio, de subvenciones de Galicia.

RESUMO DO FONDO E AXUDAS

 

PRAZOS DA CONVOCATORIA

  electrónica da Xunta de Galicia.

Máis información

Acreditación das competencias dixitais do alumnado que cursa ensinanzas de formación profesional no curso 2023-2024

Ven de saír publicada a Resolución do 29 de abril de 2024, da Dirección Xeral de Formación Profesional, pola que se ditan instrucións para a acreditación das competencias dixitais do alumnado que cursa ensinanzas de formación profesional no curso 2023-2024

NIVEIS DE ACREDITACIÓN:

POR TER UNHA TITULACIÓN:

·         NIVEL DE INICIACIÓN EN COMPETENCIA DIXITAL:

o    Título de técnico en formación profesional básica

·         NIVEL INTERMEDIO EN COMPETENCIAS DIXITAIS:

o    Título de Técnico en Instalación Electricas e Automáticas (grao medio)

o    Título de Técnico superior en Sistemas Electrotécnicos e Automatizados (grao superior).

MEDIANTE PROBA ESPECÍFICA:

·         ACREDITACIÓN MEDIANTE PROBA DO NIVEL INTERMEDIO

oPoderase presentar a unha proba específica o alumnado matriculado no curso 2023-2024:

o No segundo curso do ciclo formativo de grao básico

·         ACREDITACIÓN POR SUPERAR UNHA PROBA E SIMULTANEAMENTE POR OBTER UNHA TITULACIÓN:

Poderá acreditar o nivel intermedio o alumnado que supere unha proba específica en exclusiva da área de domino 4 e simultaneamente obteña algún dos seguintes títulos:

a)Título de Técnico  ou Técnica de formación profesional.

b)Técnico ou Técnica Superior.

 O PRAZO PARA A ENTREGA DAS SOLICITUDES PARA REALIZAR ESTA PROBA VOLUNTARIA REMATA O 22 DE maio as 23:59 h. (ACHÉGASE COMO ADXUNTO MODELO DE SOLICITUDE A ENTREGAR NA SECRETARÍA DO CENTRO)

O alumnado que desexe realizar a proba específica, sexa do nivel intermedio ou sexa soamente da área de dominio 4, solicitará a súa inscrición empregando o modelo establecido no anexo I.

A solicitude do alumnado menor de idade deberá contar coa autorización das persoas proxenitoras ou das persoas titoras legais.

As certificacións en ambos os dous cursos, terán unha validez de 5 anos.

Podedes atopar máis información e unha “demo”  da proba de acreditación  na páxina https://www.edu.xunta.gal/portal/competenciadixital/alumnado

Calendario final de curso 2023-2024

 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
Nota: Nalgúns módulos hai que entregar a documentación esixida polo profesorado.

Menús maio 2024

Spring Week 2024

Neste curso o alumnado de 4º de ESO participa no programa de inmersión lingüística "Spring Week" que se levará a cabo en Mondariz. Achégase a guía de actividades

Menú abril

BECAS DO MINISTERIO PARA ESTUDOS UNIVERSITARIOS

A continuación déixovos un resumo interactivo sobre a convocatoria de becas do MEFP de cara o curso 24-25. Neste caso, para quen teña previsión de cursar estudos UNIVERSITARIOS o curso próximo. Se pasades o cursor polos signos "+" podedes ampliar a información así como pinchando nas ligazóns que vos derivan á páxina oficial do Ministerio.

Recordade que o prazo é ate o 10 de maio! Aínda que non teñades claro o que ides a facer, pídese coa opción que considerades máis factible e logo, chegado o momento, mandaranvos confirmar ou modificar durante o verán.

 

BECAS DO MINISTERIO PARA ESTUDOS NON UNIVERSITARIOS (FP, FPB, BACHARELATO, ETC)

A continuación déixovos un resumo interactivo sobre a convocatoria de becas do MEFP de cara o curso 24-25. Neste caso para quen teña pensado cursar estudos de FP (incluído grao básico), bacharelato e resto de estudos postobrigatorios non universitarios. Se pasades o cursor polos signos "+" podedes ampliar a información así como pinchando nas ligazóns que vos derivan á páxina oficial do Ministerio.

Recordade que o prazo é ate o 10 de maio!Aínda que non teñades claro o que ides a facer, pídese coa opción que considerades máis factible e logo, chegado o momento, mandaranvos confirmar ou modificar durante o verán.

 

 

 

Axudas do ministerio para un curso intensivo de inmersión lingüística en inglés

Veñen de convocarse 2.400 axudas para alumnado con condición de becado para un curso de inmersión lingüística en inglés durante o mes de xullo. A continuación, podedes consultar os puntos principais da convocatoria que vos deixamos neste documento resumo, con ligazón á páxina web do Ministerio de Educación e FP onde atoparedes toda a información.

 Recordade que o prazo é ata o vindeiro 21 de marzo!

ACREDITACIÓN DA COMPETENCIA DIXITAL DO ALUMNADO

 
c
 

Ven de saír publicada a Resolución do 28 de febreiro de 2024, da Dirección Xeral de Ordenación e Innovación Educativa, pola que se ditan instrucións para a acreditación das competencias dixitais do alumnado que cursa ensinanzas de educación secundaria obrigatoria e bacharelato na Comunidade Autónoma de Galicia no curso 2023/24. 

O alumnado de 4º da ESO que titule, obterá o nivel de iniciación en competencia dixital. Aínda que en 2º Bac poderá obter o nivel intermedio, pode tentar acadalo neste curso. Para iso, deberá realizar unha proba composta de 60 preguntas(12 por competencia), nunha proba que durará 90 minutos e que se realizará no centro no mes de Maio.

 O alumnado de 2º de Bacharelato que titule, certificará os niveis 1, 2, 3 e 4 de competencia, porén, poderá atopar o nivel intermedio de competencias realizando unha proba que acredite a obtención do nivel 4. Duración 20 min. Nº preguntas: 12. Realización: Mes de Abril no Centro.

A continuación deixamos información resumida e enlaces á información completa:

https://competenciasdixitais.xunta.gal/

As Competencia dixital segundo o Marco galego de competencias dixitais que podes obter AQUÍ  divídese en 5 áreas.

A Acreditación da competencia dixital do alumnado pode ser:

 O PRAZO PARA A ENTREGA DAS SOLICITUDES PARA REALIZAR ESTA PROBA VOLUNTARIA REMATA O 14 DE MARZO (ACHÉGASE COMO ADXUNTO MODELO DE SOLICITUDE A ENTREGAR NA SECRETARÍA DO CENTRO)

As certificacións en ambos os dous cursos, terán unha validez de 5 anos.

Podedes atopar máis información e unha “demo”  da proba de acreditación  na páxina https://www.edu.xunta.gal/portal/competenciadixital/alumnado

Distribuir contido


by Dr. Radut