Skip to Content

Acreditación das competencias dixitais do alumnado que cursa ensinanzas de formación profesional no curso 2023-2024

Ven de saír publicada a Resolución do 29 de abril de 2024, da Dirección Xeral de Formación Profesional, pola que se ditan instrucións para a acreditación das competencias dixitais do alumnado que cursa ensinanzas de formación profesional no curso 2023-2024

NIVEIS DE ACREDITACIÓN:

POR TER UNHA TITULACIÓN:

·         NIVEL DE INICIACIÓN EN COMPETENCIA DIXITAL:

o    Título de técnico en formación profesional básica

·         NIVEL INTERMEDIO EN COMPETENCIAS DIXITAIS:

o    Título de Técnico en Instalación Electricas e Automáticas (grao medio)

o    Título de Técnico superior en Sistemas Electrotécnicos e Automatizados (grao superior).

MEDIANTE PROBA ESPECÍFICA:

·         ACREDITACIÓN MEDIANTE PROBA DO NIVEL INTERMEDIO

oPoderase presentar a unha proba específica o alumnado matriculado no curso 2023-2024:

o No segundo curso do ciclo formativo de grao básico

·         ACREDITACIÓN POR SUPERAR UNHA PROBA E SIMULTANEAMENTE POR OBTER UNHA TITULACIÓN:

Poderá acreditar o nivel intermedio o alumnado que supere unha proba específica en exclusiva da área de domino 4 e simultaneamente obteña algún dos seguintes títulos:

a)Título de Técnico  ou Técnica de formación profesional.

b)Técnico ou Técnica Superior.

 O PRAZO PARA A ENTREGA DAS SOLICITUDES PARA REALIZAR ESTA PROBA VOLUNTARIA REMATA O 22 DE maio as 23:59 h. (ACHÉGASE COMO ADXUNTO MODELO DE SOLICITUDE A ENTREGAR NA SECRETARÍA DO CENTRO)

O alumnado que desexe realizar a proba específica, sexa do nivel intermedio ou sexa soamente da área de dominio 4, solicitará a súa inscrición empregando o modelo establecido no anexo I.

A solicitude do alumnado menor de idade deberá contar coa autorización das persoas proxenitoras ou das persoas titoras legais.

As certificacións en ambos os dous cursos, terán unha validez de 5 anos.

Podedes atopar máis información e unha “demo”  da proba de acreditación  na páxina https://www.edu.xunta.gal/portal/competenciadixital/alumnado

AdxuntoTamaño
resolucion_competenciadixital_alumnado (anexo I).pdf1.87 MB


page | by Dr. Radut