Skip to Content

Polos creativos

Xornada prelanzamento CANSAT Galicia 2024

O pasado 6 de marzo o equipo do Virxe do Mar que participa en Cansat Galicia 2024 asistiu á xornada prelanzamento na Cidade da Cultura. Presentaron o seu proxecto diante de 140 persoas e asistiron a varias charlas moi interesantes. No mes de abril terá lugar o lanzamento do prototipo de satélite no que están traballando.  

Propostas didácticas para o 11F

Desde o Polo Creativo deixámosvos varias propostas para traballar o Día Internacional da Muller e a Nena na Ciencia, que se celebra o 11 de febreiro. Tedes guías, instrucións e modelos de cada proposta nos documentos adxuntos.

Accede á entrada completa para ver toda a información.

 

Probas coas gafas de Realidade Virtual

O alumnado de Dixitalización de 4º ESO estivo estes días no Polo comprobando as posibilidades das gafas de Realidade Virtual. Testearon a aplicación Gravity Sketch, que permite debuxar en tres dimensións nunha experiencia totalmente inmersiva. Velaquí algúns vídeos de exemplo (pincha nas imaxes para velos).

Adornos de Nadal creativos e sostibles

Os rapaces e rapazas de Tecnoloxía de 4º ESO deseñaron e fabricaron estes adornos de Nadal, empregando cartón de embalaxes e polímero biodegradable. Aquí tedes unha presentación co resultado do seu traballo no Polo e da súa creatividade. Parabéns!

 

Chapas para entrega de premios Ponte Nas Ondas

Para celebrar o premio conseguido no concurso Ponte Nas Ondas, un grupo de rapaces e rapazas de 2º ESO deseñaron e construíron chapas para levar ao acto de entrega de premios. Na imaxe podedes ver algunhas delas.

Panel decorativo para a nosa radio

Estreamos un panel decorativo para darlle algo de vida ao noso espazo de radio. Está construído en cartón, usando a cortadora láser do Polo.

Distribuir contido


by Dr. Radut