Skip to Content

Polos creativos

Chapas pola Igualdade

O alumnado de Igualdade de xénero de 2º ESO, coa axuda da súa profesora Gloria Rivas, deseñou e fabricou nas últimas semanas de curso chapas coma esta para reivindicar a IGUALDADE.

Radio TAPAL

Nestas últimas semanas vimos de inaugurar a nosa canle de radio escolar na rede, RADIO TAPAL. Xa podedes escoitar algúns dos podcasts elaborados polo alumnado de Proxecto Competencial e outras materias nas instalacións de radio do Polo Creativo.

 

Máquina recreativa anos 80

Os rapaces e rapazas de Tecnoloxía de 4º ESO dedicaron unhas cantas clases no Polo Creativo a construír unha réplica dunha máquina recreativa como as que se podían atopar nos salóns de xogos nos anos 80 do século pasado.

 

Construción dunha cociña solar con monitorización de temperatura

Nas últimas sesións do curso un grupo de rapaces e rapazas de Tecnoloxía e Enxeñaría de 1º Bacharelato traballaron na contrución, posta en funcionamento e monitorización dunha cociña solar tipo funil (fun-panel).

 

Deseños 3D

Velaquí algúns dos deseños realizados polos rapaces e rapazas que asistiron ao obradoiro de impresión 3D da Semana Cultural. Á vista dos resultados, semella que a canteira de talento do noso instituto está asegurada.

 

SEMANA CULTURAL: Obradoiro de memes

Obradoiro de memes para aluimnado de ESO, impartido polo profesor Nacho Rodiño o 17 de abril

 

Distribuir contido


by Dr. Radut