Skip to Content

Blogue de feliperoget

Lanzamento do noso Cansat

O martes 23 de abril a nosa Lata Espacial fixo un exitoso voo duns 140 metros no aeródromo As Gaivotas, en Cerceda. Primeiro ascendeu con un dron, xunto con outros tres prototipos. Logo duns segundos de espera, abriuse o compartimento de carga e os 4 minisatélites comezaron a caer.

parte_do_equipo

Misión Lata Espacial

O alumnado de Tecnoloxía e Enxeñaría de 1º Bacharelato está participando no concurso Cansat, organizado pola Axencia Espacial Europea. Leva varios meses dedicando unha sesión semanal ao deseño dun prototipo de satélite do tamaño dunha lata de refresco, que debe superar unha misión nada sinxela. Sigue lendo para saber máis...


Flores robóticas

Chegou a primavera ao departamento de Tecnoloxía! O alumnado de 4º ESO elaborou estas flores intelixentes que son capaces de seguir a luz. Deseñaron a estrutura, montaron o circuíto, programaron a tarxeta controladora... e velaquí o resultado.

Traballo sobre plásticos

Neste segundo trimestre o alumando de Tecnoloxía de 2º ESO fixo, entre outras cousas, unha interesante exposición sobre os diferentes tipos de plásticos cos que nos podemos atopar no noso día a día.

mural sobre plásticos no corredor de 2º ESO

Xornada prelanzamento CANSAT Galicia 2024

O pasado 6 de marzo o equipo do Virxe do Mar que participa en Cansat Galicia 2024 asistiu á xornada prelanzamento na Cidade da Cultura. Presentaron o seu proxecto diante de 140 persoas e asistiron a varias charlas moi interesantes. No mes de abril terá lugar o lanzamento do prototipo de satélite no que están traballando.  

Charla "A rede galáctica: unha historia de internet"

Sabías que internet naceu dunha rede de catro ordenadores chamada Arpanet? Que os computadores da misión Apolo que levou ao ser humano á Lúa tiñan menos memoria que o teu teléfono móbil? Ou que a tecnoloxía das páxinas web naceu no CERN, en Suíza, hai pouco máis de 30 anos? Todo isto e moito máis saiu na charla "A rede galáctica: unha historia de internet", que este luns 19 de febreiro impartiu no noso centro o catedrático Enrique Macías Virgós, profesor na Facultade de Matemáticas da USC, ao alumnado de TIC de Bacharelato.

Distribuir contido


by Dr. Radut