Skip to Content

Lanzamento do noso Cansat

O martes 23 de abril a nosa Lata Espacial fixo un exitoso voo duns 140 metros no aeródromo As Gaivotas, en Cerceda. Primeiro ascendeu con un dron, xunto con outros tres prototipos. Logo duns segundos de espera, abriuse o compartimento de carga e os 4 minisatélites comezaron a caer.

parte_do_equipo

O paracaídas do noso prototipo funcionou á perfección e fixo posible un descenso controlado. Durante os máis de 25 segundos que durou a caída, transmitiu ao ordenador que tiñamos na pista unha manchea de datos de presión, temperatura, altitude e humidade relativa.

dron_lanzamento

 

Debido ás rachas de vento do nordés, o noso Cansat caeu a unha certa distancia da pista, o que complicou un pouco a recollida. Pero cando chegamos ata el... seguía transmitindo datos e emitindo os seus pitidos de localización.

zona_aterraxe

 

Nos días seguintes fíxose un tratamento dos datos recollidos, e a partir deles puidemos extraer algunhas conclusións interesantes, como a altura máxima acadada, a velocidade media de descenso ou a variación da humidade relativa do aire coa altura.

graficas

 

O venres 26 de abril o equipo Lata Espacial defendeu o seu proxecto diante do xurado do Cansat Galicia 2024. A pesar de non conseguir ningún galardón, realizaron un gran traballo desde que comezaron co proxecto no mes de xaneiro, que culminou cun lanzamento exitoso e un montón de aprendixaxes.



blog | by Dr. Radut