Skip to Content

Atención ao alumnado con materias pendentes

Organización das actividades de seguimento, recuperación e avaliación das materias pendentes

  • Ao alumnado coa materia pendente de cursos anteriores seranlle facilitadas actividades sobre a mesma en cada trimestre do presente curso. Estas actividades deberán ser entregadas nos prazos que se indiquen e deben estar completadas con esmero. Unha vez entregadas todas as actividades, o alumnado deberá presentarse a unha proba (escrita ou oral) que estará elaborada a partir do traballado nas ditas actividades.
  • Ao longo do curso poderase recuperar trimestralmente a materia. Para a obtención da nota da recuperación, realizarase a suma ponde-rada dos seguintes apartados coas porcentaxes sinaladas:
Actividades entregadas dentro dos prazos e cunha execución aceptable 40 %
Nota dos exames trimestrais 60%
  • O feito de non presentar as tarefas en tempo e forma implica que o alumnado renuncia ao 40 % asignado ás mesmas. - Considerarase aprobado aquel alumnado que obteña unha cualificación igual ou superior a 5 unha vez realizada a ponderación. - No caso de non recuperar trimestralmente a materia, o alumnado deberá presentarse á proba extraordinaria de maio.
Distribuir contido


by Dr. Radut