Skip to Content

Atención ao alumnado con materias pendentes

Organización das actividades de seguimento, recuperación e avaliación das materias pendentes

O alumnado que teña pendente a materia do curso anterior deberá realizar as actividades de seguimento e recuperación propostas polo profesorado que lle imparta a materia neste curso, se o alumnado cursa esta materia. No caso de que o alumnado non curse a materia, será o Xefe do departamento quen se fará responsable da entrega das actividades. Estas actividades iranse propoñendo ao alumnado adaptándose á temporalización prevista para a materia, e distribuídas da seguinte forma: 

RECUPERACIÓN E AVALIACIÓN DA MATERIA PENDENTE
Materia pendente Distribución bloques
1º Bacharelato B1, outubro; B2 e B3, novembro; B4 e B5, xaneiro; B6, febreiro; B7, marzo; B8 abril
3º ESO B1, outubro; B2, novembro; B3, xaneiro e B4, febreiro.
2º ESO

*B1, outubro; B2 e B3, novembro e B4, xaneiro.

**B1, febreiro; B2 e B3, marzo e B4, abril.

*Para o alumnado que curse a materia de Física e Química 3º ESO no primeiro cuatrimestre.

**Para o alumnado que curse a materia de Física e Química 3º ESO no segundo cuatrimestre.

As actividades propostas serán entregadas cada mes debendo ser entregadas para a súa corrección a comezos do mes seguinte ou na data estimada polo profesor no caso de que se entreguen varias tarefas para ese mesmo mes (ao tempo que se recollen as actividades de recuperación para ese mes). 

O alumnado poderá́ dirixirse ao profesor nos períodos de descanso do alumnado, no caso de precisaren axuda para a realización dalgunha das actividades de recuperación. 

Ao final de cada mes o alumnado deberá realizar as actividades de avaliación que se propoñan e darán lugar a unha cualificación numérica de 1 a 10 puntos. Neste departamento decidimos puntuar un 40% o traballo e tarefas de reforzo entregadas e un 60% a proba escrita. As cualificacións obtidas nas diferentes actividades de avaliación mensuais previstas será a que se indicará no boletín de cualificacións nas sesións correspondentes á primeira e segunda avaliacións. 

Se a cualificación na segunda avaliación é positiva, entendendo como tal unha cualificación de 5 ou superior, esta trasladarase á avaliación ordinaria de xuño, non sendo preciso realizar a correspondente proba extraordinaria. En caso contrario, deberá realizarse a proba escrita extraordinaria e, neste último caso, a cualificación da materia pendente na avaliación ordinaria de xuño será́ a mellor das obtidas entre a da segunda avaliación e a da proba escrita de maio. No suposto de non obter cualificación positiva na avaliación ordinaria de xuño deberá acudir á realización da proba extraordinaria do mes de setembro. 

Distribuir contido


by Dr. Radut