Skip to Content

Atención ao alumnado con materias pendentes

Organización das actividades de seguimento, recuperación e avaliación das materias pendentes

Programa de reforzo 

Os alumnos/as que durante o presente curso teñan sen superar de cursos anteriores algunha das materias do Departamento recibirán actividades para realizar ó longo do curso. Durante o 1º e 2º trimestre deberán realizar un pequeno traballo basado nos estándares de aprendizaxe da materia que teñan que recuperar, así como unha proba escrita. 

No 1º e 2º trimestre seránlles entregados os exercicios que deben preparar e entregar mediante un traballo. Asímesmo se lles informará da data na que deben entregar os traballos e/ou exercicios e na que deberán pasar a proba escrita que versará sobre as cuestións que lles serán entregadas. As distintas datas de entrega avisaránse coa suficiente antelación e deberán ser respectadas polo alumnado para obter unha avaliación positiva do seu traballo. 

Ademais o profesor do alumno/a no presente curso, farálle un seguimento especial e resolverá as dúbidas plantexadas polos alumnos relacionados cos traballos encomendados e a realización das probas escritas. 

Criterios para superar as materias pendentes 

Os traballos e/ou cuestións entregadas suporán ata o 30% da nota. A proba escrita valorarase ata un 70% da nota. Os alumnos/as que superen a materia mediante os traballos e probas trimestrais xa non terán que presentarse ao exame que terá lugar no mes de maio para aqueles alumnos/as que non superen a materia ao longo do curso.

 

Distribuir contido


by Dr. Radut