Skip to Content

Atención ao alumnado con materias pendentes

Organización das actividades de seguimento, recuperación e avaliación das materias pendentes

1.- Plan de reforzo

Este Plan de reforzo centrarase en dous piares básicos:

  • Reforzo dos elementos curriculares esenciais e das competencias e aprendizaxes imprescindibles do curso anterior. Por iso farase unha reorganización e priorización dos contidos en cada nivel educativo. Na táboa do ANEXO I amósase esta reorganización dos contidos en todos os cursos.
  • Fomento de:
    • Tarefas globalizadas que requiran da posta en práctica de todas as competencias do alumnado, a aprendizaxe cooperativa e o uso das TIC como recurso didáctico.
    • Actividades que favorezan a autoaprendizaxe, o pensamento crítico e creativo, a investigación mediante proxectos de traballo, entre outras.
    • Apoio dentro da aula.
    • Aprendizaxe cooperativa.

2.- Recuperación e avaliación da materia pendente

Para os alumnos e alumnas que teñan pendente a materia de LCL do curso anterior o Departamento establecerá os

seguintes criterios:

ESO
  • Dado o carácter progresivo da materia, o alumnado que mellore e progrese adecuadamente poderá recuperar a materia se aproba a do curso actual.
  • O profesorado implicado en cada curso deseñará actividades de recuperación que contribuyan a reforzar os contidos non adquiridos.
  • En calquera caso, ten dereito a unha proba extraordinaria no mes de maio.

 

BACH (ANEXO II)
  • O alumnado de 2º BACH coa materia suspensa de 1º BACH recibirá un plan de reforzo da materia no mes de outubro no que se detallan as datas das probas e a materia que terán que preparar para cada unha delas.
    • Neste Plan de reforzo teñen un esquema dos contidos así como posibles preguntas e temas para reforzalos e Preparamos para as probas.
    • Deberán entregar, antes das probas, estas preguntas para que as profesoras poidan correxilas e axudarlle a orientalas mellor.

 

 

Distribuir contido


by Dr. Radut