VETPRO LOREVET

Resumo proxecto VETPRO

Os proxectos VETPRO (Vocational Education and Training Professionals) encádranse dentro dos proxectos europeos de mobilidade individual, do antigo programa sectorial Leonardo da Vinci. Este tipos de proxectos tiñan como un dos seus obxectivos o fomento da mobilidade transnacional de profesores de formación profesional. Serven de apoio en actividades de formación e na adquisición de coñecementos, habilidades e cualificacións con miras ao desenvolvemento  persoal, e o fomento de melloras da calidade e innovación das prácticas de educación.
O noso centro solicitou en 2012 o programa VETPRO LOREVET (Learning Outcomes in Renewable Energies for Vocational and Educational Training), e unha vez concedido polo Organismo Autónomo de Programas Educativos Europeos, o desenvolveu durante os anos 2012-13.
O principal obxectivo deste proxecto foi adquirir coñecementos sobre os resultados de aprendizaxe e contidos das diferentes ensinanzas de formación profesional en enerxías renovables en tres países europeos.
Participaron profesores dos departamentos de Instalación e Mantemento, Enerxía e Auga, Electricidade e electrónica e FOL. Visitáronse centros de formación profesional, empresas e asociacións de Dinamarca, Bulgaria e Alemaña.
Dinamarca
Visitouse, entre outros, o centro de formación profesional Tradium, unha central térmica de biomasa e a illa de Samso, modelo mundial de xestión enerxética renovable,


Bulgaria
Neste país mantivéronse reunións co Clúster do vehículo eléctrico, e visitas a varios centros de formación profesional.

Alemaña
En Berlín asistiuse a un congreso sobre sostibilidade e medio ambiente, visitáronse os centros de formación profesional e fabricación de Annedore-Leber Schule e AUCOTEAM.

Distribuir contido