COMUNICACIÓN DA DATA E HORA DO SORTEO PÚBLICO PARA A DESIGNACIÓN DA XUNTA ELECTORAL PARA AS ELECCIÓNS AO CONSELLO ESCOLAR

Informámoslles que o vindeiro venres 29 de outubro de 2021 ás 10:00 vaise realizar o sorteo público para a designación dos integrantes da Xunta Electoral para as eleccións ao Consello Escolar do IES Gonzalo Torrente Ballester.

Timbre musical

Xa podedes acceder ao formulario para solicitar as vosas cancións para o timbre musical do instituto. Podedes acceder premendo na imaxe, entrando como convidados na Aula virtual e ir ao curso Alumnado que se atopa na categoría Organización e funcionamento de centro ou na páxina web do instituto.
Agardamos as vosas suxestións!

Listaxe definitiva do Fondo Solidario de Libros de Texto

Informámoslles que xa está á súa disposición a listaxe definitiva do Fondo Solidario de Libros de Texto, que poden consultar na apliación Fondolibros, no taboleiro do centro ou chamando ao 886159156.

Ademáis, a partir de mañán, xoves 16 de setembro, poderán recoller os vales de axuda para a adquisición de material.

Graduación de 2º de bacharelato

O vindeiro 15 de xullo terá lugar a ceremonia de graduación do alumnado de 2º de bacharelato. O acto realizarase nas pistas exteriores do centro e manteranse todas as medidas sanitarias establecidas polo protocolo COVID:

  • Distancia de 1,5 m entre asistentes.
  • Uso obrigatorio de mascarilla.
  • Aforo limitado e nominativo.

Listaxe de admitidos e excluídos no Fondo Solidario de Libros de Texto

Informámoslles que xa está publicada a listaxe de admitidos e excluídos no fondo solidario de libros de texto. Dita listaxe pode ser consultada:


1- No taboleiro de anuncios do centro.
2- Por internet con certificado dixital ou Chave 365 na aplicación Fondolibros.
3- Telefonicamente no 886159156

IMPORTANTE: O prazo de reclamacións é de dous días.

ENTREGA DE NOTAS XUÑO 2020-21

Durante a semana do 21 ao 25 realizarase a entrega de notas ao alumnado dos diversos niveis do centro segundo este calendario:

 

Entrega de notas da convocatoria extraordinaria de 2º Bac:       día 23 ás 12:00 h. (nas aulas de referencia)

Entrega de notas de 1º da ESO:     día 24 ás 11:00 h. (nas aulas de referencia)

Entrega de notas de 2º da ESO:     día 25 ás 10:30 h 2º A (aula 110)

                                                                Ás 11:00 h 2º B (aula 111)

                                                                Ás 11:30 h 2º C (aula 112)

                                                                Ás 12:00 h 2º D (aula 113)

                                                                Ás 12:30 h 2º E (aula 114)

Entrega de notas de 3º da ESO:     día 24 ás 13:00 h (nas aulas de referencia)

Entrega de notas de 4ª da ESO:     día 25 ás 12:00 h (nas aulas 109 4º A, 108 4º B, 107 4º C e 106 4º D)

Entrega de notas de 1º Bach:         día 25 ás 13:00 h (nas aulas 109 1º A, 108 1º B, 107 1º C e 106 1º D)

CALENDARIO CONVOCATORIA EXTRAORDINARIA 2º BACH

Entre os días 16 de xuño e o 22 de xuño o alumnado con materias pendentes de 1º de bach ou con materias suspensas de 2º de bacharelato terán ocasión de realizar probas para superalas segundo o calendario que figura como anexo. O calendario anexo sufriu modificacións polo que é substituído por un actualizado.

TORRENTE SOLIDARIO na páxina do IES

Desde hoxe, 31 de maio de 2021, todos os interesados e todas as interesadas no blogue Torrente Solidario, promovido polo alumnado de VoEs, poderán entrar nel a partir da ligazón aloxada no fondo da barra á dereita. Desfrutade dela

Fondo solidario de libros de texto e axudas para a adquisición de material escolar. Curso 2021-2022.

1.- NORMAS XERAIS

Dirixida ao alumnado do centro, que pode solicitar:

  • ALUMADO DE 1º E 2º DE ESO: Só axudas para adquirir material escolar. Este alumnado non poderá solicitar a participación no fondo solidario de libros de texto xa que ao ser o noso centro un centro EDIXGAL todo o alumnado destes niveis teñe garantidos un mínimo de 6 libros dixitais gratuitos.
  • ALUMADO DE 3º E 4º DE ESO: Participación no fondo solidario de libros de texto e/ou axudas para adquirir material escolar.

 

2.- OBRIGAS DAS PERSOAS BENEFICIARIAS

  • Devolver os libros de texto recibidos do fondo solidario no curso 2020/2021. 
  • Conservar en bo estado os libros de texto recibidos do fondo solidario no curso escolar 2021/2022.
  • Destinar o importe do vale de material a adquirir o material escolar que necesite.

 

3.-PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES

PRAZO: As solicitudes poderán facerse entre o 21 de maio e o 22 de xuño de 2021.

MODO: O solicitante será o pai/nai/titor legal do alumno.

  • Presentación electrónica: unha solicitude por fillo/a.
  • Presentación non electrónica: unha solicitude única para todos os fillos admitidos no mesmo centro docente

LUGAR: As solicitudes poderán facerse:

  • Preferiblemente por vía electrónica nos formatos dispoñibles na aplicación fondolibros: https://www.edu.xunta.gal/fondolibros a través da sede electróncia da Xunta de Galicia.https://sede.xunta.gal.
  • Presencialmente no centro docente no que estea admitido o alumno para o curso 2021-2022. cando o alumnado, no momento de presentar a solicitude, aínda non estea admitido en ningún centro docente para o curso 21/22, deberá presentala no centro en que estivese matriculado no curso 20/21.
  • Calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.

FORMULARIO: (Anexo I) dispoñible:

DOCUMENTACIÓN COMPLEMENTARIA:

Xunto coa solicitude haberá que entregar a seguinte documentación, referida á situación a 31 de decembro de 2019:

  • Anexo II: comprobación de datos dos membros computables da unidade familiar.
  • Copia do libro de familia onde figuren todos os membros computables.

Segundo a situación do alumno/a haberá que entregar outra documentación (sentencia xudicial de separación ou divorcio, documentación xustificativa da situación de violencia de xénero no ámbitofamiliar, resolución administrativa o xudicical que acredite a situación de acollimiento...).

 

4.- CALENDARIO DE APLICACIÓN

  • Presentación de solicitudes: do 21 de maio ao 22 de xuño de 2021 (incluídos).
  • Listaxes provisionais de admitidos e excluídos: 9 de xullo de 2021.
  • Listaxes definitivas de admitidos e excluídos: 15 de setembro de 2021.
  • Entrega de vales de material: do 16 ao 25 de setembro de 2021.
  • Entrega de libros do fondo: do 16 ao 25 de setembro de 2021.

 

5.- LEXISLACIÓN APLICABLE

ENTREGA NOTAS E RECLAMACIÓNS 2º BACH

O próximo día 18 ás 20:00 horas será a entrega de notas para o alumnado de 2º Bach.

 

Ademais queremos informar de que, en caso de desacordo coa nota nalgunha materia o alumnado de 2º de Bach debe seguir estes pasos:

0. REVISIÓN DA NOTA CO PROFESORADO DA MATERIA, previa instancia oficial, os días 19 e 20 en horario do centro, se ainda houber disconformidade

1. PRESENTACIÓN DE RECLAMACIÓN ANTE O DIRECTOR, en modelo oficial, os días 19 e 20

2. Valoración do departamento ao longo do día 21:

se o departamento RECTIFICA a nota > FIN DO PROCESO (cambianse as actas)

se o departamento RATIFICA a nota o alumno disconforme deberá 

3. PRESENTAR ANTE DIRECCIÓN DE RECLAMACIÓN A  XEFATURA TERRITORIAL DE PONTEVEDRA, os días 24 e 25.

 

LISTAXES DEFINITIVAS DO PROCESO DE ADMISIÓN 21/22.

Infórmase de que están publicadas desde hoxe (11/05/21) as listaxes DEFINITIVAS de admisión para o curso 21/22. Por mor da protección de datos as listaxes estarán expostas na cortiza do hall do centro e na app AdmisiónAlumnado, non podendo dar información por vía telefónica nin publicala nesta web.

De acordo co artigo 31 punto 4, poderase consultar as listaxes coa puntuación desglosada dos criterios de baremo na secretaría do centro.

De acordo co artigo 32 punto 1, poderase interpoñer recurso de alzada ante a persoa titular da xefactura territorial, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da súa publicación (11/05/21).

Distribuir contido