Skip to Content

PROGRAMA YAM : XUVENTUDE CONSCIENTE DA SAÚDE MENTAL

 

 

 

A Consellería vén de comunicarnos que o noso centro foi seleccionado no programa YAM dirixido poboación escolar galega de 3º da ESO

Este programa forma parte do Protocolo de prevención e actuación nos ámbitos sanitario e educativo ante o risco suicida infanto-xuvenil da Consellerías de Educación e de Sanidade, sendo cofinanciado polo Fondo Social Europeo +.

YAM significa Xuventude Consciente da Saúde Mental É un programa de promoción universal da saúde mental YAM invita a reflexionar sobre diferentes situacións e a considerar enfoques distintos cando un/ha se enfronta aos retos da vida ou a problemas de saúde mental. O programa VAI DIRIXIDO A PODER PRESTAR APOIO AOS COMPAÑEIROS/AS E A PODER PEDIR AXUDA CANDO A PRECISAMOS.

Proximamente haberá unha convocatoria de reunión das familias de 3º de ESO cun instrutor do equipo YAM para informar sobre a actividade a realizar polo alumnado. Como somos un centro de CONTROL, basicamente se lle pasarán unhas enquisas  ao alumnado de 3º, para as que se precisa o consentimento informado das familias, e para o curso que vén poderán participar na formación.

Premer no enlace para unha información máis completa

YAM- Consellería de sanidade-Servizo Galego de Saúde (sergas.es)  

 

 

CHARLAS INFORMATIVAS

  • CHARLA INFORMATIVA PARA AS FAMILIAS DO ALUMNADO DE 3º DA ESO: XOVES 18 DE XANEIRO ÁS 18:00 EN AUDIOVISUAIS DO CENTRO. A cargo dos técnicos do programa YAM onde explicarán en que consite a explicación de dito programa.

 



page | by Dr. Radut