Skip to Content

Ciencias Naturais

Enredando co ADN

biotecnoloxiaO alumnado de 4ºESO de Bioloxía e Xeoloxía están a expoñer as súas maquetas de ADN xunto  aos traballos sobre Biotecnoloxía.
Unha boa vía para familiarizarse co código da vida e as biotécnicas é afrontar a representación da estructura do ADN, xigante entre as macromoléculas.

Exposición de modelos celulares

mod_cel
Expostos os  modelos de células procariota e eucariotas elaboradas polo alumnado de Ciencias da Natureza de 2º de ESO.

Os inxeniosos modelos pódense percorrer neste vídeo.

Exposición de cogumelos 2012

O Departamento de Ciencias Naturais organizou a exposición anual de cogumelos da comarca, recollendo as iniciativas máis importantes: a Feira de Cogumelos das Pontes e a de Ferrol, esta última con casetas no Cantón de Molíns esta semana.
Ao tempo, o alumnado do centro participa nas actividades docentes de familiarización con este apaixoante grupo de seres vivos.

Ver vídeo

Visita ao Val de Doniños

doniñosO alumnado de Ciencias Naturais de 1ºESO realizou o xoves 24 e o venres 25 a saída ao val e lagoa de Doniños. Camiñando polo Camiño Real ata a praia, no lugar de Outeiro, os catro grupos familiarizáronse co relevo e os valores ambientais da fermosa parroquia ferrolá. 

3º Encontro Científico co CERN: CORUÑECERN 2011

O pasado 27 de Maio de 2011, a maior parte dos alumnos que cursamos Física e Química en 1º de bacharelato e varios alumnos de 2º de bacharelato, asistimos ao 3º Encontro Científico co CERN, CORUÑECERN, promovido polo IES Urbano Lugrís de A Coruña e que se celebrou no Centro Cívico Os Mallos en A Coruña, en horario de 10:00 a 14:00 h. Este 3º Encontro era o segundo ao que asistían algúns dos alumnos (os alumnos de 2º de bacharelato). Alí xuntámonos diversos institutos de diferentes localidades de Galicia dispostos a coñecer un pouco máis de cerca o CERN nun aforo limitado ao que finalmente puido asistir todo o que quixo.

Exposición micolóxica

O centro organizou co gallo do DÍA DA CIENCIA EN GALEGO unha exposición micolóxica con exemplares de setas da comarca aportadas por alumnado e profesorado.

O mundo dos fungos é un bo exemplo do emprego de técnicas de observación e estudio científico.

Alumnos do Sofía Casanova protexen o ecosistema do Bosque dous Nenos

Medio centenar de alumnos de 3º de ESO do instituto Sofía Casanova
participaron onte, no marco do programa Voz Natura, nunha xornada de colocación de caixas-niño e de repoboación con especies autóctonas do Bosque dous Nenos... leer máis

Ciencias da Terra

Este é o blog da materia de Ciencias da Terra para as novas de interese: Cousas da Terra

Distribuir contido


by Dr. Radut