|
|
O martes 20 de novembro tivo lugar un acto institucional para conmemorar o Mes da Ciencia en Galego. Con esta iniciativa, a Institución Galega da Ciencia (Igaciencia) e a Secretaría Xeral de Política Lingüística quixeron celebrar o IX Día da Ciencia en Galego, que este ano xira arredor do tema “A cultura científica e a cultura galega como patrimonio cultural europeo”, e está dedicado ao Mestre Mateo e ao matemático grego Arquímedes. Este acto institucional, ao que acudiu un grupo de alumnos do IES Sofía Casanova, comezou ás 10 na sala de armas do Pazo de Xelmírez; continuou no Pórtico da Gloria, cun relatorio do profesor Luis Puig que tivo por título “As matemáticas do Pórtico da Gloria”. Rematou a celebración cunha visita ao Museo da Catedral.
|
O estudo de Luis Puig O Pórtico da Gloria. Miradas Matemáticas pode consultarse na Biblioteca do instituto. Desde aquí pode accederse ao cartel “Xeometría no Pórtico da Gloria”
A prensa e a tvg o blog da bliblioteca e o de dinamización lingüística fixéronse eco do evento.