Skip to Content

´Grego - Latín

Cine en Ferrol

   

     O pasado venres 16, os alumnos de 3º ESO A (Cultura clásica), 3º ESO C (Oratoria) e 4º ESO C (latín) puideron ver no cine Dúplex (Ferrol) a película Mustang.

    O filme resultou interesante e suscitou debate e reflexión. A actividade foi organizada polo departamento de grego. Os profesores acompañantes foron: Mª Paz López (Orientadora), Andrés Rodríguez (Educación física/vicedirector), Emilio Saldaña (Filosofía/secretario) e Daniel Lagoa (xefe do departamento de grego).

    Parabéns aos alumnos polos seu bo comportamento e grazas ao profesorado pola colaboración!

Sonoro empeño

 

 O pasado luns 18 de decembro, o alumnado de 2º de ESO, acompañado polos seus profesores Julia de Partearroyo e Daniel Iglesias, visitaron a exposición «Sonoro empeño. A música nas coleccións ABANCA e Afundación» na sede de Afundación de Ferrol.

    Alí puideron observar as relacións entre a música e as artes plásticas e aprenderon as conexións experimentando de seu o intercambio de sensacións.

Visita a Caldoval

 

   O alumnado de Latín e de Cultura Clásica acudiu o venres 3 de novembro ao Centro de Interpretación de Caldoval en Mugardos.

    Alí realizaron unha visita guiada polas instalacións do museo e do xacemento arqueolóxico e participaron nun obradoiro de elaboración de perfumes coas técnicas da época. Ambas actividades estiveron magnificamente organizadas polo persoal do centro.

    Foi unha visita moi interesante que acercou aos estudantes á vida cotiá na época romana dunha forma lúdica e diferente.

Festival de Teatro Grecolatino de Lugo

   

     Os alumnos de ESO (3º e 4º) e Bacharelato (1º e 2º) que cursan as materias de Latín, Grego e Cultura Clásica, asistiron ao Festival de Teatro Grecolatino de Lugo.

    Acompañados dos seus profesores, Julia de Partearroyo e Román Bravo, visitaron algúns restos romanos da cidade e asisitiron a dúas representacións: Electra de Sófocles e Epídicus de Plauto.

Festival de teatro grecolatino

   

    O alumnado de Cultura Clásica de 3º de ESO e de Latín e Grego de Bacharelato, acompañado polo profesorado destas materias, acudiu o martes 1 de marzo á representación de Electra de Sófocles e Asinaria de Plauto no teatro Colón da Coruña.

    Ambas obras foron representadas polo Grupo Párodos, premio nacional de teatro clásico do Ministerio de Educación, e formaban parte da programación do XVI Festival de Teatro Grecolatino.

    Todos os participantes nesta actividade quedaron encantados coa profesionalidade dos actores e ao remate das obras un grupo de alumnas de 1º de Bacharelato foron aos camerinos para felicitalos polo seu traballo.

Asistencia ao festival de teatro grecolatino de Lugo

   

     O martes 2 de marzo, os alumnos de Cultura Clásica e Latín e Grego de ESO e Bacharelato asistiron cos seus profesores, Julia de Partearroyo, Ángeles Doce e Román Bravo ao festival de teatro grecolatino que se celebrou na cidade de Lugo.

    Alí puideron ver Edipo Rei,a máis coñecida traxedia de Sófocles, que nos fai reflexionar sobre o destino e o libre albedrío e Cistellaria de Plauto, unha "comedia paliata" que trata sobre o idealismo do amor dos xóvenes fronte á conveniencia do mundo dos adultos.

Distribuir contido


by Dr. Radut